A xuíza pitonisa leva meses impartindo xustiza de Violencia de Xénero sen queixas
Abríuselle un expediente pero foi absolta finalmente polo CGPJ. Tras saír de Lugo, recalou na praza de A Coruña que gañou dado que foi a xuíza solicitante con mellor puntuación, explican desde o TSXG. Segundo Público, García retomou o seu labor adivinativa na capital herculina, pois apareceron os mesmo panfletos publicitarios que repartía en Lugo e o home que atende o teléfono ofrece a posibilidade de que as cartas as heche "unha amiga súa".Algunhas asociacións feministas han criticado que se ocupe dun xulgado especializado en Violencia de Xénero.
A peculiar maxistrada María Jesús García tomou posesión o 15 de xuño do Xulgado de Violencia de Xénero Número 1 da Coruña. Ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non chegou neste tempo ningunha queixa sobre o seu labor.
Así llo confirman a Galiciapress fontes oficiais do TSXG. Algo que desmente o informado por algúns medios nas últimas horas, que dixeron que a 'xuíza pitonisa' non tomara posesión e, ademais, vincularon a súa ausencia aos cursos formación obrigatorios en violencia de xénero. Pola contra, o TSXG indica que a xuíza do tarot completou a súa formación e realiza o seu labor sen incidencias nin queixas desde a data prevista.
Panfletos do tarot que repartía a xuíza en Lugo
García está no foco dos medios desde que O Progreso descubriu que compaxinaba o seu labor xudicial coa de vidente do tarot. Abríuselle un expediente pero foi absolta finalmente polo CGPJ.
Tras saír de Lugo, recalou na praza de A Coruña que gañou dado que foi a xuíza solicitante con mellor puntuación, explican desde o TSXG. Segundo Público, García retomou o seu labor adivinativa na capital herculina, pois apareceron os mesmo panfletos publicitarios que repartía en Lugo e o home que atende o teléfono ofrece a posibilidade de que as cartas as heche "unha amiga súa".
Algunhas asociacións feministas criticaron que se ocupe dun xulgado especializado en Violencia de Xénero. Non pola súa afección ao tarot, senón por unhas vellas declaracións cuestionando as denuncias de violencia machista que entran neste tipo de salas: "unha cantidade de ridiculeces que considero innombrables; mulleres que veñen porque lles deron unha mensaxe no móbil, ás que nun calentón, puidéronlles dicir unha palabra máis alta que outra, mulleres que lles pegan a eles, xente que se cre que isto é un divorcio exprés".
Aquelas palabras de 2008 se lle valeron unha sanción, 3.000 euros; pero non impediron que chegue a un xulgado de Violencia de Xénero, como tampouco o impediu que leva o seu gato ao xulgado ou que se presentase a un reality de buscar parella en televisión. Pesou a súa antigüidade na carreira xudicial e por agora parece que non hai queixa do seu labor, como tampouco a houbo nos seus destinos previos, excentricidades á marxe.
Escribe o teu comentario