Guitiriz de festa ao repartir 450.000 € o cuponazo da ONCE
Un número importante de veciños, case todos eles clientes habituais de José Luis Álvarez, comezaron con 25.000 euros máis nas súas contas uno das fin# de semana máis importantes de Guitiriz, por celebrarse onte domingo a Festa da famosísima “Sopapo de millo”O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie.
Celebración na vila lucense, e non só pola Festa da Torta de Millo. Un vendedor da ONCE reparte entre un "número importante" dos seus clientes habituais os boletos premiados.
O sorteo do Cuponazo da ONCE repartiu 450.000 euros en Guitiriz entre 18 cupóns premiados ás cinco cifras, con 25.000 euros cada un, correspondentes ao sorteo do venres 26 de abril.
O vendedor da ONCE José Luis Álvarez Álvarez é quen levou a sorte da ONCE a esa localidade na que vende habitualmente produtos de xogo da ONCE, en roteiro polo municipio.
Un número importante de veciños, case todos eles clientes habituais de José Luis Álvarez, comezaron con 25.000 euros máis nas súas contas uno das fin# de semana máis importantes de Guitiriz, por celebrarse onte domingo a Festa da famosísima “Sopapo de millo”
O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie. Se se opta polo Cuponazo XXL, por cinco euros, o premio sobe a 15 millóns e 200.000 euros, respectivamente. Ademais, pódense gañar 134 premios de 25.000 euros ás 5 cifras do primeiro premio, que crecen ata 40.000 euros ao cupón na opción XXL. O sorteo ofrece outros 800.000 premios menores máis ás 4, 3 ó 2 últimas cifras das 6 extraccións de segunda categoría.
Escribe o teu comentario