Un afogado e un rescatado polos socorristas na praia de Ladeira (Ribeira)

Un home perdeu a vida na tarde deste sábado despois de ser rescatado da auga na praia de Ladeira, situada na localidade coruñesa de Ribeira.

|

Un home perdeu a vida na tarde deste sábado despois de ser rescatado da auga na praia de Ladeira, situada na localidade coruñesa de Ribeira.


Foi un particular o que minutos antes das 18,00 horas alertou ao 112 Galicia da existencia de dúas persoas en apertos na auga. Nese instante, outro particular informou de que os socorristas que se atopaban na praia conseguiran rescatar a unha das persoas para levala á area e reanimala.



Praia ladeira

Praia Ladeira | CRTVG


Así, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo a situación en coñecemento do persoal de Salvamento Marítimo e do servizo de Gardacostas de Galicia. Ademais, alertou dos sucedido ao 061-Urxencias Sanitarias, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Santiago ao momento, así como aos axentes da Policía Nacional e Local.


Tamén foron informados os membros do GAEM de Ribeira e os voluntarios de Protección Civil da localidade. Segundo informou a Policía Nacional ao 112 Galicia, a outra persoa que se atopaba na auga conseguiu saír polos seus propios medios e non precisou asistencia sanitaria.

Con todo e a pesar dos esforzos dos efectivos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida ao home.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE