O Obama galego, Sinaí Giménez, entra en prisión máis dun ano despois de ser condenado

O xefe dos morones e coñecido como "rei dos xitanos", Sinaí Giménez, entrou a noite deste venres na prisión de Pereiro de Aguiar (Ourense) para cumprir a condena imposta polo Xulgado do Penal 3 de Vigo por ameazas contra outro clan xitano, o dos zamoranos, no mercadillo de Redondela en novembro de 2015, segundo informaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.

|

Quen foi candidato á alcaldía de Vigo ingresa tras atrasar a súa entrada no cárcere mediante unha sucesión de recursos 


O xefe dos morones e coñecido como "rei dos xitanos", Sinaí Giménez, entrou a noite deste venres na prisión de Pereiro de Aguiar (Ourense) para cumprir a condena imposta polo Xulgado do Penal 3 de Vigo por ameazas contra outro clan xitano, o dos zamoranos, no mercadillo de Redondela en novembro de 2015, segundo informaron a Europa Press fontes da Delegación do Goberno.


Sinaí Giménez, xunto á súa nai (con pano verde)


A sentenza, de dous anos e nove meses e cárcere, foi ditada fai máis dun ano, pero os recursos frearan ata agora a execución da pena. O Goberno denegoulle o indulto e a maxistrada do Penal 3 de Vigo considera esgotada a vía xudicial.

A xuíza ordenara o mércores que se non entraba voluntariamente nun centro penal no prazo de 48 horas ordenaríase a súa procura e detención para entrar en prisión.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE