Sabadell Gallego interesado nunha fusión con Bankia
Directivos da entidade bancaria catalá e mesmo organismos internacioles parece que ven con bos ollos este movemento ·estratéxico" que xeraría estratexias.
Leva un tempo soando e os directivos do Banco Sabadell, que en Galicia opera como Sabadell Gallego desde a compra do Banco de Galicicia en 2013, parece que están dispostos a facer correr a rumoroloxía. Podería ser que a entidade bancaria estivese a barallar a idea de fusionarse con Bankia.
O mesmo presidente do Sabadell, Josep Oliu, hai uns días, nunhas conferencias organizadas por Goldman Sachs reafirmouse na súa aposta polas fusións bancarias. Estas palabras chegaron uns días despueés de que o mesmo conselleiro delegado do banco, Jaime Guardiola, ao ser preguntado por unha posible fusión con Bankia admitía que, se se dese o caso, o certo é que se darían "sinerxías" que poderían beneficiarlles.
O Banco Sabadell parece contar cos apoios de organismos internacionais. Desde o mesmo Goldman Sachs ven nesta fusión un puro sentido "estratéxico" algo que supoñería unha gran rentibilidad para ambos os bancos e que, ademais, contaría co beneplácito do Banco Central Europeo.
O único problema que parece máis evidente é a reticencia de Bankia de deixarse comer. Polo momento a entidade bancaria está nacionalizada e debe cumprir un plan estratéxico de tres anos, o que polo momento, parece dificultar os plans do Sabadell.
Escribe o teu comentario