Profesores galegos fórmanse na sede do CERN en Xenebra

Os mestres aprenderán ferramentas para fomentar vocacións científicas e tecnolóxicas entre os seus estudantes.  Algo moi necesario, pois en España só o 12,9% dos mozos elixirá graos de ciencias, unha rama pola que se decantará unicamente o 8,8% das mozas.  Profesores galegos no grupo de españois que estuda no CERN Blanca Rodríguez (Instituto de Educación Secundaria Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Oleiros), Natalia Abelenda (I.E.S. Terra de Soneira, en Vimianzo) e Javier Seoane (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Coruña) son os tres galegos seleccionados de un 20 profesores de ciencias e tecnoloxía de España.


|

Unha axuda da Fundación Aquae e Viaqua permite a tres profesores galegos participar nos programas de formación do famoso CERN de Organización Europea para a Investigación Nuclear, en Suíza.


Actulizar os seus coñecementos en física, enxeñería e computaciónes un dos fins da iniciativa. Os mestres aprenderán ferramentas para fomentar vocacións científicas e tecnolóxicas entre os seus estudantes.  Algo moi necesario, pois en España só o 12,9% dos mozos elixirá graos de ciencias, unha rama pola que se decantará unicamente o 8,8% das mozas. 



Profesores CERN 2019

Profesores galegos no grupo de españois que estuda no CERN


Blanca Rodríguez (Instituto de Educación Secundaria Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Oleiros), Natalia Abelenda (I.E.S. Terra de Soneira, en Vimianzo) e Javier Seoane (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Coruña) son os tres galegos seleccionados de un 20 profesores de ciencias e tecnoloxía de España.


Dirixidos por Jeff Wiener, director de S'cool Lab (Programa de Formación de Profesores do CERN), os mestres españois bolseiros están a profundar, a través de clases maxistrais, conferencias, talleres prácticos, sesións de discusión e exposicións, no coñecemento da física de partículas, a computación, os antiprotones que se producen na Fábrica de Antimateria do CERN, a física de neutrinos, a cosmoloxía ou os aceleradores .  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE