Os mestres aprenderán ferramentas para fomentar vocacións científicas e tecnolóxicas entre os seus estudantes. Algo moi necesario, pois en España só o 12,9% dos mozos elixirá graos de ciencias, unha rama pola que se decantará unicamente o 8,8% das mozas. Profesores galegos no grupo de españois que estuda no CERN Blanca Rodríguez (Instituto de Educación Secundaria Plurilingüe Xosé Neira Vilas, en Oleiros), Natalia Abelenda (I.E.S. Terra de Soneira, en Vimianzo) e Javier Seoane (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Coruña) son os tres galegos seleccionados de un 20 profesores de ciencias e tecnoloxía de España.