O SUP gaña as eleccións sindicais en Galicia
O Sindicato Unificado de Policía impúxose nas eleccións da comunidade galega, aínda que os seus resultados a nivel nacional deixárono por baixo de JUSAPOL, que se impuxo con claridade nas eleccións ao Consello de Policía.
O Sindicato Unificado de Policía impúxose nas eleccións da comunidade galega, aínda que os seus resultados a nivel nacional deixárono por baixo de JUSAPOL, que se impuxo con claridade nas eleccións ao Consello de Policía.
Roberto González (dereita) formará parte do Consello de Policía
Este xoves fíxose público o informe dos resultados por provincias e Xefaturas Superiores das eleccións ao Consello de Policía celebradas a nivel nacional o pasado mércores, onde SUP Galicia impúxose nas eleccións sindicais da comunidade a pesar da vitoria de JUSAPOL a nivel nacional.
O Secretario Xeral do SUP en Galicia, Roberto González Rodríguez, saíu elixido como un dos catorce vocais electos ao Consello de Policía, ao concorrer como número 2 pola Escala Básica polo SUP “sendo o único policía con destino nas comisarías de Galicia que formará parte dese órgano”, recalca a nota do sindicato.
Desde o SUP aproveitaron para “agradecer” aos miles de Policías Nacionais “brindaron o apoio ao Sindicato Unificado de Policía e aos que, co seu voto, apoiaron a xestión do Sindicato na comunidade autónoma de Galicia, manténdose como primeira forza sindical e como Xefatura Superior de Policía onde o SUP alcanza porcentualmente mellores resultados”.
No ámbito estatal, o novo sindicato Xustiza Policial obtivo oito vocais, por dous do SUP, outros dous do SPP e un para CEP e UFP respectivamente. “A pesar de seguir sendo o SUP o sindicato maioritario en número de afiliados, estes resultados fan que a nosa Organización teña que aprender dos erros e entre todos, tratar de sumar forzas para seguir reivindicando unha Policía Nacional mellor, ao servizo do cidadán”, sinalan desde o SUP.
De igual maneira, o organismo sindical quere “recoñecer o labor dos nosos interventores o pasado día 19 de xuño e de todos os delegados do SUP que a diario traballan para defender os dereitos de todos os policías nacionais”. “Estamos e estaremos á vosa disposición abanderando as reivindicacións do noso colectivo”, sentencia a nota.
Escribe o teu comentario