Estados Unidos, de penalti, condena á selección española (2-1)

|

Estados Unidos impúxose a España nos oitavos de final do Mundial Feminino disputado en Francia nun encontro onde as claras favoritas para gañar o campionato sufriron ante o combinado español, que loitou de ti a ti e que viu como dous penaltis esfumaban o soño de seguir avanzando. 


Espau00f1a Estados Unidos


O elenco estadounidense, que nos tres partidos da fase de grupos anotou 18 goles e non recibiu ningún, sufriu para gañar á selección española. De feito, Jenni Fermoso é a primeira xogadora que bate á gardameta americana. 


Sen dúbida, cruzarse con Estados Unidos nos oitavos de final era o peor enfrontamento posible, pero o equipo que dirixe Jorge Vilda deu a sorpresa e competiu ata o final. 


Os dous goles de penalti da xogadora norteamericana Megan Rapinoe foron suficientes para deixar pechada a eliminatoria. Na selección española foi Jenni Fermoso a goleadora, que contrarestó de forma moi eficiente o primeiro tanto de Estados Unidos, anotando precisamente dous minutos máis tarde do mazazo recibido. 


Con este resultado, España bate o seu mellor marca nun Mundial Feminino e volverá a casa coa cabeza ben alta, pois ata o último momento o combinado nacional español tivo opcións para pasar aos cuartos de final.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress