As mulleres cobran máis que os homes en Adolfo Domínguez
A téxtil de Ourense combate con éxito a brecha salarial de xénero. As mulleres son, ademais, maioría tanto no persoal como na dirección
Adolfo Domínguez investiu a brecha salarial do seu persoal, integrada por 1.191 profesionais, ao cobrar as mulleres un 1,7% máis que os homes, na media ponderada por categorías totais, segundo informou este venres o grupo téxtil galego.
En concreto, as mulleres que desempeñan o seu traballo na compañía perciben soldos superiores aos homes nos estratos de idade de menos de 30 anos e máis de 51 anos, mentres que os homes teñen un salario medio máis elevado na franxa de 31 a 50 anos.
Por categorías, as directivas de departamento teñen retribucións superiores aos seus colegas masculinos, do mesmo xeito que sucede na categoría de técnicas, mentres que os homes teñen maior remuneración na categoría de mandos intermedios.
En cifras absolutas as empregadas de menos de 30 anos cobran unha media de 5.233 euros ao ano máis que os homes; as empregadas de máis de 51 anos perciben 10.840 euros anuais máis e as empregadas de entre 31 e 50 anos cobran 8.190 euros ao ano menos.
MAIORÍA DE DIRECTIVAS
"Somos unha empresa maioritariamente feminina e é lóxico que dous terzos do noso comité de dirección sexan mulleres, o raro era o que sucedía no pasado", ha sinala Pilar Vázquez, de Responsabilidade Social Corporativa (RSC) do grupo Adolfo Domínguez.
POLÍTICA DE MEDIO AMBIENTE
Doutra banda, o Estado de Información non Financeira remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) dedica, segundo explica o grupo, un capítulo "importante" ao desenvolvemento de iniciativas de sustentabilidade ambiental por parte da firma.
A conselleira delegada de Adolfo Domínguez, Adriana Domínguez, abre o informe cunha carta na que subliña o compromiso da empresa coa sustentabilidade e o medio ambiente.
"Chegou o momento de que consumidores e empresarios tomemos conciencia do impacto que a nosa actividade ten no planeta. Pensamos antes de producir e convidamos o cliente a que o faga antes de consumir. É o máis responsable", resaltou.
Escribe o teu comentario