Roberto García, alcalde e próximo deputado provincial, denunciado polas contas dunha comunidade de montes

O Xulgado de Instrución de Vilalba (Lugo) estuda unha denuncia presentada contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada por supostas irregularidades na contabilidade. Esta entidade de xestión de montes veciñais está presidida polo alcalde de Xermade, Roberto García.

|

O pai do alcalde de Xermade xestionou durante anos a comunidade de montes de Lousada. Ao falecer, tomou control o actual alcalde, que ademais será pronto deputado na Deputaicón de Lugo. Roberto García terá que afrontar unha denuncia presentada polos seus compañeiros da xunta directiva, aos que non lle cadran as contas da comunidade, na que está asentado un parque eólico.


O Xulgado de Instrución de Vilalba (Lugo) estuda unha denuncia presentada contra a xunta directiva da comunidade de montes de Lousada por supostas irregularidades na contabilidade. Esta entidade de xestión de montes veciñais está presidida polo alcalde de Xermade, Roberto García.


Denuncian por supostas irregularidades contables á dirección da comunidade de montes de Lousada, en Xermade (Lugo)


A denuncia, que asina o veciño da parroquia Alfonso Fernández Pena, deriva de "irregularidades detectadas na contabilidade nunha auditoría externa" encargada por un grupo de comuneiros.

Esta intervención detectou un desfasamento de máis de 30.000 euros no balance contable do ano 2017 entre o saldo positivo que figura na contabilidade oficial presentada pola xunta directiva (75.000 euros) e o realmente existente nas contas da comunidade (44.000 euros).

Ademais, a auditoría advertiu de supostos movementos bancarios e cargos por importe de máis de 10.000 euros "sen soporte documental algún", ademais de pagos e cobranzas en man "que non contan cos xustificantes correspondentes aos gastos rexistrados por duplicado".

Á vista do sucedido, o asinante da denuncia alerta de que "non se está levando a cabo unha xestión responsable, rigorosa e leal", polo que recorre á xustiza "en defensa dos intereses da propia comunidade de montes".

Entre outras dilixencias, solicítase ao xulgado de Vilalba que requira aos denunciados para que acheguen a documentación que "non foi facilitada aos comuneiros", como o libro de actas e os libros de ingresos e gastos, os movementos bancarios, a relación de subvencións recibidas e o inventario de bens e maquinaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE