O Celta xa ten segunda camiseta e rival para o Quinocho
A escuadra olívica xa puxo á venda o seu uniforme visitante, que este ano destaca pola cor granate que impera na casaca.
A escuadra olívica xa puxo á venda o seu uniforme visitante, que este ano destaca pola cor granate que impera na casaca.
O segundo equipamento do Celta será de cor granate
O Celta de Vigo é celeste…e granate. A segundo equipamento do equipo vigués destaca esta tempada pola cor granate que a adorna, ademais de por a franxa horizontal celeste que atravesa o ventre, mesturando as cores do uniforme titular e visitante nunha mesma casaca, investindo á súa vez as cores da zamarra que vestirá o cadro celeste cando actúe de local.
O deseño non é do catálogo de Adidas, a diferenza do primeiro equipamento, senón que é exclusivo para o club celeste. Ademais da banda, a camiseta incorpora outros detalles, como o negro no pescozo redondo e os puños, ou o tradicional triskel no alto do dorsal. Unha elástica coa que esperan celebrar moitos goles, triunfos e quen sabe se o regreso a Europa.
DUELO LAZIAL
Doutra banda, o equipo celeste xa empeza a debuxar a que será a súa pretemporada e xa deu a coñecer o equipo convidado ao XXIV Memorial Quinocho. A SS Lazio será o equipo co que o Celta fará a súa posta en escena ante a súa afección, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto.
A Lazio vén de proclamarse campioa da Coppa de Italia
Os romanistas, vixentes campións da Coppa de Italia, conta entre as súas filas con algúns dos mellores xogadores do país transalpino, como Ciro Inmmobile, Acerbi ou Marco Parolo, ademais de varias estrelas do Calcio como o hispano serbio Milinkovic-Savic, o arxentino Joaquín Correa ou o español Luís Alberto. Con todo, toca esperar a ver o que ocorre neste mercado de fichaxes, xa que moitas figuras do conxunto lazial poderían abandonar o Cheireimpico de Roma.
Escribe o teu comentario