Falta de médicos en varios PACs do SERGAS a fin de semana
Galenos que teñen que deixar o centro médico sen atención durante máis dunha hora e médicos forzados a atender eles sós o traballo de varios compañeiros. Este é o panorama que denuncia PACs en Pié de Guerra, o colectivo que promove unha folga que dura xa meses.
Galenos que teñen que deixar o centro médico sen atención durante máis dunha hora e médicos forzados a atender eles sós o traballo de varios compañeiros. Este é o panorama que denuncia PACs en Pé de Guerra, o colectivo que promove unha folga que dura xa meses.
O colectivo PACs en Pié de Guerra denunciou este luns un novo "incumprimento dos servizos mínimos" en Puntos de Atención Continuada da provincia de Pontevedra a fin de semana.
Parte do colectivo PACs en Pié de Guerra | Carlos L Vilariño Facebook
Segundo explicou este colectivo nun comunicado, "unha vez máis os PACs deben asumir as fins de semana sen os suficientes médicos/enfermeiras en quenda" e "nesta ocasión foi a Xerencia da área de Pontevedra a que vulnerou os servizos mínimos establecidos", engadiu.
En concreto, apuntou que os PACS de Caldas, Marín e A Parda --en Pontevedra-- "víronse privados dun médico e nun deles, en Caldas, tivo que asumir cun só facultativo toda a garda".
UN PAC SEN MÉDICO DURANTE HORA E MEDIA
"Isto propiciou situacións como a do pasado sábado no PAC de Caldas, que permaneceu aproximadamente unha hora e media sen equipo sanitario, posto que o único equipo presente tivo que trasladar un posible código ictus", explicou PACs en Pié de Guerra.
Ademais, detallou que o domingo "lle ha tocado ao PAC de Marín de 10 a 22 estar a traballar cun médico de menos e non ter ata case finalizada a tarde identificado o médico para a noite", sostivo o mesmo colectivo.
PROBLEMAS ENPONTEVEDRA
Mentres, ao PAC da Parda, que atende entre outras zonas a cidade de Pontevedra, "pasoulle o mesmo", sinalou a asociación, que concretou que "o tempo cun médico de menos fose maior se non é polo esforzo e a responsabilidade dos médicos saíntes de garda, que quedaron unhas horas á espera da incorporación do persoal de reforzo".
Por iso, as mesmas fontes subliñan que "unha vez máis é o propio persoal o que ten que liquidar a mala planificación da xerencia de Pontevedra, xa que na maioría dos casos, as ausencias foran avisadas con anterioridade suficiente".
"Os PACs seguimos en folga e os servizos mínimos foron fixados no 100% polo propio Sergas, a pesar de que sigan sendo as súas xerencias as que se empeñen en incumprilos unha e outra vez", critica este colectivo.
Escribe o teu comentario