O cadáver que apareceu enganchado a unha batea podería ser o da persoa que abandonou un coche en Rande

A autopsia que se realizará en próximas horas confirmará se o corpo achado este venres na Ría de Vigo pertence a A.C.L., un veciño de Pontevedra que desapareceu hai case un mes, e cuxo vehículo foi abandonado na ponte de Rande, aínda que as roupas do cadáver coinciden coas do desaparecido.

|

A autopsia que se realizará en próximas horas confirmará se o corpo achado este venres na Ría de Vigo pertence a A.C.L., un veciño de Pontevedra que desapareceu hai case un mes, e cuxo vehículo foi abandonado na ponte de Rande, aínda que as roupas do cadáver coinciden coas do desaparecido.


Bateas vieirasa

Zona na que apareceu o cadaver nunha imaxe de Vieirasa


Segundo confirmaron a Europa Press fontes da investigación, o corpo recuperado este venres, que estaba enganchado nunha batea preto do litoral de Vilaboa, estaba "irrecoñecible", o que fai pensar que levaba moitos días na auga.


Tras o levantamento do cadáver por parte da comisión xudicial, este será trasladado para a realización da autopsia, trámite que, previsiblemente, terá lugar este sábado.


En todo caso, as mesmas fontes explicaron que as roupas que levaba o corpo coinciden coas descritas no seu día pola familia de A.C.L.


ACHADO

O achado do corpo produciuse á primeira hora da mañá deste venres, cando un particular alertou ao 112 da aparición dun cadáver enganchado a unha batea na zona de Vilaboa, non moi lonxe da ponte de Rande.


Por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil, ao Servizo de Gardacostas de Galicia, a Salvamento Marítimo, ao 061 e a Protección Civil de Vilaboa. Ao lugar tamén acudiu a embarcación 'Salvamar Mirach' de Salvamento Marítimo.


Todo apunta a que podería tratarse dese veciño de Pontevedra, A.C.L., do que se perdeu a pista na madrugada do pasado 12 de maio. O seu coche apareceu esa noite, en marcha e sen ningún ocupante, no carril exterior da ponte de Rande, en dirección Vigo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE