O Helimer Galicia salva cinco navegantes nun "complicadísimo" rescate en pleno temporal

Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron na noite deste xoves aos cinco tripulantes dun veleiro de bandeira irlandesa tras quedar á deriva a unhas 81 millas ao noroeste da Coruña.

|

As ondas menaban tanto o barco que o rescatador non puido descender a cuberta senón que tivo que tirarse á auga para, desde alí, alzar un por un aos tripulantes do veleiro Loa Zour.


Salvamento maritimo rescatador


O rescatador do Helimer Galicia nunha foto de Salvamento Marítimo


Efectivos de Salvamento Marítimo rescataron na noite deste xoves aos cinco tripulantes dun veleiro de bandeira irlandesa tras quedar á deriva a unhas 81 millas ao noroeste da Coruña.


Segundo informaron a Europa Press fontes de Salvamento Marítimo, ás 20,26 horas deste xoves o Centro de Salvamento de Fisterra, que coordinou o operativo, recibiu o aviso da radiobaliza do veleiro 'Loa zour' de 13 metros de eslora e bandeira irlandesa cando estaba a unhas 71 millas ao noroeste de Cabo Prior.


Foron mobilizados o avión con base en Santiago 'Sasemar 102' e o helicóptero 'Helimer 401' para un "rescate complicadísimo", explicaron as mesmas fontes, debido ás "condicións moi adversas" no mar que facían que o veleiro se "balancease moito", o que impediu ao rescatador baixar ao barco.


OS TRIPULANTES TIVERON QUE ARROXARSE AO OCEÁNO

Por iso, o rescatador do helicóptero tivo que descender ao mar "o máis próximo ao veleiro", relataron as mesmas fontes, e os tripulantes, cinco homes de 37, 47, 57 --dous deles-- e 62 anos, lanzáronse un a un á auga para ser rescatados.


Ás 22,41 horas deste xoves as cinco persoas atopábanse a salvo e non necesitaron asistencia médica, segundo indicaron as mesmas fontes de Salvamento Marítimo. Ás 23,20 horas atopábanse na base do aeroporto coruñés de Alvedro.


A tripulación do veleiro estaba composta por cinco homes; un de 37 anos procedente de Croacia e catro homes de Irlanda de 47, 57 -dous deles- e 62 anos de idade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE