Policía Local denuncia o uso dun patín eléctrico sen seguro nin carné por un menor

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias, que remitirá á Fiscalía de Menores, polas "anomalías" detectadas no uso dun patinete eléctrico por parte dun mozo de 14 anos de idade, natural de Romanía.

|

A Policía Local de Vigo instruíu dilixencias, que remitirá á Fiscalía de Menores, polas "anomalías" detectadas no uso dun patinete eléctrico por parte dun mozo de 14 anos de idade, natural de Romanía.



Patinete electrico rúa




Segundo informaron fontes policiais, este mozo foi interceptado cando conducía o patinete (no que ía tamén outra persoa) por un carril de circulación da rúa Travesía de Vigo.

Os axentes verificaron as características do vehículo e comprobaron que, pola súa potencia, necesita levar placa de matrícula e ter subscrita unha póliza de seguros.

O mozo condutor alegou que descoñecía esa obrigación e recoñeceu que non fixera eses trámites, polo que se interpuxeron senllas denuncias por "irregularidades". Ademais, ao ter 14 anos de idade, o denunciado tampouco ten permiso para a condución de vehículos, polo que o patinete foi inmobilizado.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE