Atacan o coche dun líder do PP en Ourense

Ademais de roturas nos faros e na lúa dianteira, no capó do vehículo pódese ler gravado "Peperos fose"

|

"Kacikes" e outros gravados apareceron no automóbil do presidente das mocidades conservadores da capital das Burgas


O alcalde de Ourense en funcións, Jesús Vázquez Abad, mostrou no seu perfil da rede social Facebook a súa repulsa contra o "inaceptable" ataque que sufriu o coche do presidente local das Novas Xeracións (NNGG) do Partido Popular, Alberto Fraguas.


Acto vandálico

O vehículo, que estaba estacionado nun garaxe do barrio ourensán de Barrocás, apareceu este luns con múltiples danos na carrocería e roturas nos faros e a lúa dianteira do automóbil, segundo pode verse nas seis fotografas que o rexedor achegou á súa publicación.

Ademais, no capó pódese ler a misiva "Peperos fose" tras ser gravada cun obxecto punzante, mentres que no maleteiro aparece raiada a palabra "kacikes. ".

Estes feitos foron cualificados por Jesús Vázquez como "un ataque á liberdade ideolóxica, constitutivo dun delito de odio contra Fraguas por pertencer ao Partido Popular".

Á luz do ocorrido, fixo un chamamento á "convivencia pacífica entre a cidadanía" como base da democracia. Á súa vez, alertou de que "o emprego da violencia física ou verbal para marcar a persoas que non pensan igual" é un "camiño moi perigoso para a sociedade".

Por todo iso, solicitou "máximo respecto", en nome do Partido Popular. A mesma consideración coa que eles tratan ás persoas "nas antípodas da súa ideoloxía e do seu modo de facer política", concluíu.

DENUNCIA ANTE A POLICÍA NACIONAL
Alberto Fraguas presentou na mañá deste luns unha denuncia ante a Policía Nacional para dar conta dos feitos ocorridos esta madrugada. No parte da denuncia recóllense as mensaxes gravadas cun obxecto punzante no vehículo do presidente de NNGG de Ourense, que foi de número 14 na lista presentada polo PP nas recentes eleccións municipais.

Na denuncia tamén consta que se realizaron agresións en todo o vehículo, e que ademais das mensaxes no capó e o maleteiro, "o coche foi atacado cun obxecto contundente, incluída a lúa e os faros dianteiros, que foron fracturados".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE