Convocadas máis de 1.000 prazas de oposicións no SERGAS

A resposta do Goberno Galego para paliar a crise laboral no SERGAS plásmase hoxe no DOG. A Consellería de Sanidade publica as bases de concúrsoos-oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería.


|

A resposta do Goberno Galego para paliar a crise laboral no SERGAS plásmase hoxe no DOG.  A Consellería de Sanidade publica as bases dos concurso-oposicións para o ingreso nas categorías de médico de familia, pediatra de atención primaria, odontólogo de atención primaria e técnico en coidados auxiliares de enfermería.


Enfermeiras eventuais sergas silleda protesta negro loito enfermeiras oposicións


Protesta de opositoras a enfermeiras do SERGAS contra a precariedade antes dun recente exame en Silleda


REPARTO POR CATEGORÍAS

254 prazas ofértanse para médico de familia, 93 para pediatra de atención primaria e 7 para odontólogo de atención primaria. Para persoal técnico en coidados de enfermería son 772. 


O prazo para inscribirse finaliza o próximo 3 de xullo. Haberá que facelo através de unformulario da web da Oficina Virtual do Profesional  do SERGAS ( Fides/ Expedient-e/Procesos/ OPE).


O SERGAS explica que algunha da documentación necesario non terá que presentarse, no caso de ser expedida pola Xunta de Galicia.


UNHA OPE INSUFICIENTE OU_ UN PASO ADIANTE NA BOA DIRECCIÓN?

A pesar do seu volume, a práctica totalidade de sindicatos, asociacións profesionais e colectivos de usuarios consideran esta OPE insuficiente para paliar os serios problemas de fuga de profesionais e envellecemento de persoal que arrastra a sanidade pública galega debido a anos de recortes. A Xunta, pola contra, enarbora esta OPE como un paso adiante para liquidar os problemas, particularmente en Atención Primaria.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE