Xunta chama a veciños a loitar contra os incendios limpando parcelas próximas ás casas

Colaborará coa SGPF na mellora da xestión da biomasa impulsando o pastoreo nas franxas de protección dos pobos

|

Medio Rural lembra que a lei lles obriga a rozar certos terreos e que os concellos son os responsables subsidarios


O consellerio de Medio Rural, José González, mantivo este venres un encontro cos veciños da localidade ourensá de Boborás para explicarlles o convenio de protección das aldeas fronte aos incendios forestais que a Xunta subscribiu coa Federación Galega de Municipios e Provincias e coa empresa pública Seaga, polo que animou aos veciños para "implicarse" na defensa dos seus pobos contra o lume coa limpeza de parcelas próximas aos núcleos de poboación.


Nota De Prensa E Fotografía: Medio Rural E A Sociedade Galega De Pastos E Forraxes Colaborarán Fomentando Ou Pastoreo Para Previr Incendios
Tal como indicou González, este acordo puxo as bases para a creación dun sistema público de xestión da biomasa nas proximidades de núcleos de poboación, "co fin de incrementar a defensa e protección das aldeas fronte ao lume".

Así, o consellerio lembrou que o adecuado mantemento das parcelas situadas nas franxas secundarias é, en primeiro lugar, unha responsabilidade dos titulares dos terreos. Neste liña, explicou que corresponde aos concellos a vixilancia desta obrigación e, no seu caso, proceder ao seu cumprimento pola vía de execución subsidiaria.

"Con todo, sendo esta unha competencia municipal, a Xunta entende que debe colaborar polo ben común, dada a importancia deste asunto", apostilou o consellerio de Medio Rural, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado.

CASE 30 MILLÓNS
Desta maneira, a Xunta achegará un total de 28,7 millóns de euros en catro anos, máis do 78% do orzamento total, para desenvolver este convenio. En todo caso, insistiu en que a Consellería actuará unicamente nas parroquias priorizadas, xa que no resto do territorio os propietarios teñen que cumprir coas súas obrigacións de xestión.

Segundo datos de José González, case 200 municipios solicitaron adherirse a este acordo. Ademais, indicou que esta ano a Xunta vai actuar en 34 concellos, 68 parroquias e un total de case 700 aldeas.

Apostilou que, de fronte o futuro, o que se pretende é que non sexa necesario rozar todos os anos e por iso fomentarase a implantación de actividades agrogandeiras que aseguren a limpeza de forma permanente nas franxas.

PASTOREO
Doutra banda, a Consellería do Medio Rural colaborará coa Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) na mellora da xestión da biomasa nas proximidades aos núcleos de poboación impulsando o pastoreo nas franxas de protección das aldeas.

Así o acordaron o propio conselleiro, José González, e os responsables deste colectivo tras unha reunión de traballo celebrada este venres en Santiago.

Neste sentido, abordaron a importancia de fomentar a actividade agrogandeira nas franxas de xestión da biomasa, como estratexia para a prevención e defensa fronte aos incendios forestais e valorouse a axuda que pode facer a SGPF nesta materia.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE