Posible cambio de goberno en catro cidades de Galicia
Os alcaldes das mareas da provincia da Coruña, en risco de perder o bastón de mando. En Pontevedra, tanto Lores como Caballero gobernarán, posiblemente con maioría absoluta.
Os alcaldes das mareas da provincia da Coruña, en risco de perder o bastón de mando. En Pontevedra, tanto Lores como Caballero gobernarán, posiblemente con maioría absoluta.
Os colexios electorais pecharon xa en todo o Estado. Segundo a enquisa a pié de urna de GFK para a Radio Galega, hai cambio de goberno en catro cidades. Os tres alcaldes das mareas coruñesas poderían perder o bastón de mando.
O PSOE sería a máis votada en cinco cidades e o PP só aparece como máis votado e opcións de gobernar en Ferrol.
En A Coruña, dos 27 edís, vencería o PSOE 8 e 10 actas, PP con 7 e 8 edís, Marea Atlántica 6 ou 7, o BNG subiría entre 2 e 3 e Cidadáns podería quedar sen representación; ou 1 acta ou ningunha.
En Ferrol o PP roza a maioría, pois tería 10 ou 12. PSOE 8 ou 10.Ferrol en Común baixaría a 3 ou 4; BNG 1 ou 2 actas e Cs podería obter só unha acta.
En Santiago, PSOE gañaría con 8 ou 10 actas, Compostela Aberta 7 ou 8; PP 5 ou 6, BNG subiría a 3 ou 4. Cidadáns podería obter 1 acta, ou ningunha.
En Lugo, Lara Méndez podería repetir, agora como forza mais votada. PSOE 8 ou 10, PP 7 ou 8, BNG 4 ou 5, Cidadáns 1 ou 2, Podemos 0 ou 1, ACE 0 ou 1 e Lugonovo e Vox non lopgraraín entrar.
En Ourense habería seis forzas no pleno. O PSOE de Villarino 8 ou 10, DO 6 ou 7, PP baixaría a 6 ou 7, o BNG 2 ou 3, Cidadáns 1 ou 2, Ourense ou Común 1 ou 2.
En Pontevedra, maioría absoluta probable para Fernández Lores. Dos 25 edís, o Bloque conseguiría 13 ou 15, o PP segundo con 6 ou 7; PSdeG 3 ou 4, Cidadáns 1 acta ou ningunha, igual que Podemos e Marea de Pontevedra, con 0 ou 1.
Victoría clarísima para Abel Caballero en Vigo. O PSOE lograría 19 ou 21 edís, o PP baixaría a 3 ou 4, Marea de Vigo 2 ou 3, o BNG podería volver entrar con 0 ou 1, igual que Cidadáns, 0 ou 1.
Vox quedaría fóra en todas as cidades de Galicia.
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Santiago de Compostela
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Bugallo podería volver á alcaldía oito anos despois pic.twitter.com/SByMCEgdC5
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Pontevedra
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Lores roldaría a maioría absoluta pic.twitter.com/AHWJH5jBBP
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Ferrol
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Rey Varela gañaría as eleccións á espera dous pactos pic.twitter.com/QL2LTLDp4z
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Santiago de Compostela
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Bugallo podería volver á alcaldía oito anos despois pic.twitter.com/SByMCEgdC5
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Lugo
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Lara Méndez podería contiunuar como alcaldesa pic.twitter.com/VnCKrumz2B
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | Ourense
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Ou @PSdeG convertiríase na forza máis votada pic.twitter.com/RKF9bMu8ug
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | A Coruña
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Inés Rey, do @PSdeG podería gobernar co apoio dá esquerda pic.twitter.com/TNUA93d7LF
📊 ENQUISA DE GFK PARA TVG | A Coruña
— G24 (@G24Noticias) 26 de maio de 2019
Inés Rey, do @PSdeG podería gobernar co apoio dá esquerda pic.twitter.com/TNUA93d7LF
Escribe o teu comentario