Tarifa plana de enerxía e reparación de electrodomésticos da man de Naturgy
Pagar uns 50 euros ao mes e despreocuparse tanto do consumo como de eventuais reparacións. Este é a versión estándar da nova oferta de Naturgy -a principal enerxética en Galicia- lanzada hoxe.
Naturgy lanzou 'SuperPacks', a primeira oferta do sector enerxético que inclúe enerxía e servizos de mantemento con tarifa plana, informou a compañía.
José Luis Gil de Naturgy nun pasado acto de presentación nunha gasolineira
Esta oferta permitirá aos clientes configurar 'packs' "a medida" segundo as súas necesidades de mantemento e reparación de equipos e de consumos de gas e electricidade por un prezo fixo ao mes para todo o paquete, engadiu a enerxética.
O director de Clientes e Mercados, José Luis Gil, destacou que se trata de "unha oferta nova que se entende moi ben, ao estar xa presente en sectores como o das telecomunicacións ('paquetes de telefonía e televisión", por exemplo)".
POR UNS 50 EUROS Ao MES
En concreto, a compañía definiu varias modalidades de Superpacks. O 'SuperPack' de luz estándar inclúe luz (cunha tarifa plana ata 2.500 kWh/ano) e reparacións urxentes de electrodomésticos e aire acondicionado por 51 euros ao mes. Os paquetes son personalizables, combinando servizos, luz e gas, en función das necesidades do cliente.
Segundo Naturgy, estes produtos poden supoñer a un cliente que ten luz, gas e dous servizos un aforro de ata 176 euros ao ano con respecto aos mesmos produtos sen paquetizar.
Escribe o teu comentario