A complicada carambola que descendería ao Obradoiro a LEB Oro

O cadro santiagués xógase a permanencia na ACB este domingo en casa ante o Barça, que se xoga o liderado.


|

O cadro santiagués xógase a permanencia na ACB este domingo en casa ante o Barça, que se xoga o liderado.


Obradoiro baru00e7a


Domingo para o infarto no Multiusos Fontes do Sar. Os afeccionados do Mombus Obradoiro vivirán unha das xornadas máis dramáticas da súa historia na elite do baloncesto español. O cadro compostelán pelexa por permanecer outro ano máis na ACB e nesta última xornada xógase o todo polo todo ante o Barça, que necesita unha vitoria para poder loitar pola primeira praza ligueira.


Con todo, ao Obra pódelle servir unha derrota para salvarse. A súa permanencia depende do que faga o Gipuzkoa, o outro equipo na terna por manter a categoría, tendo en conta que a derrota do Breogán en Andorra mandou aos lucenses á LEB Oro. Agora, a outra praza de descenso decidirase entre os santiagueses e os guipuscoanos, que, como o Obra, veranse as caras ante un equipo que aspira a coroarse campión da fase regular: o Real Madrid.


UNHA CARAMBOLA POLO ALTO

Para que o equipo de Moncho Fernández perda a categoría debe perder ante o Barcelona e que Gipuzkoa gañe ao Real Madrid. Esa posibilidade, aínda que difícil, podería darse despois de que o Real Madrid caese esta fin de semana ante o CSKA nas semis da Euroliga, polo que o cadro branco pode xogar a última xornada moi tocado animicamente. Ademais, martes xogan ante Valencia o seu partido pendente, que pode decidir faise coa primeira posición.


Con todo, pode darse á inversa, que os merengues cheguen decididos a gañar en San Sebastián para amarrar a primeira praza que teñen neste momento e dar un golpe de autoridade antes dos playoffs, tendo en conta que a ACB é o único título ao que pode aspirar o cadro da capital.


A iso, hai que sumar que o Obradoiro depende de si mesmo. Se os galegos gañan ao Barça, dá igual o resultado das outras canchas. Pola contra, unha derrota do Obra e unha derrota en Donostia do Madrid podería supoñer o descenso dos santiagueses e que Galicia quedase sen representación no baloncesto nacional (a condición de que non ascenda Ourense, que pelexa nos playoff da LEB Oro e está en semis despois de endosarlle un contundente 3-0 a Oviedo).


Además, una victoria del equipo vasco ante el Madrid no asegura el descenso del Obra. Una derrota del Estudiantes ante el Joventut esa misma jornada supondría un empate a tres bandas, que deja a los gallegos otro año más en la ACB y condenaría a la escuadra vasca. Del mismo modo, la penúltima plaza tampoco supone estrictamente hablando un descenso, ya que el canon obligatorio para que los ascendidos puedan competir el año que viene en la primera división del baloncesto español resulta muchas veces prohibitivo.


Nese aspecto, con Betis ascendido e decidido a abonar o pago, depende de que equipo leve os playoffs de ascenso e as posibilidades económicas coas que conte. Así, cidades como Bilbao, Valladolid e Melilla son as que contan con máis posibilidades para poder facer fronte a ese desembolso, a condición de que o gañen primeiro na cancha. Todos os ollos do baloncesto nacional estarán postos en Santiago de Compostela. Que quenten a voz para o Miudiño.  

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE