A Mesa leva a Bruxelas as reivindicacións da lingua galega

A plataforma participa no Foro Rexional Europeo das Minorías, organizado pola ONU.


|

A plataforma participa no Foro Rexional Europeo das Minorías, organizado pola ONU.


Membros da Mesa pola Normalización Lingüística nun acto

Membros da Mesa


Galicia está representada no Foro Rexional Europeo das Minorías, en Bruxelas. A plataforma ‘A Mesa pola Normalización Lingüística’ levou ata Bruxelas as súas reivindicacións neste evento organizado polas Nacións Unidas baixo o título ‘Educación, Linguas e os Dereitos Humanos das minorías’.


A directora de Abertos ao galego, Celia Armas, que tamén participou nunha reunión o comité da Rede Europea para a Igualdade das Linguas, é a representante no Foro. 


“Os dereitos das minorías lingüísticas son dereitos humanos que teñen que ser respectados, incluído un grao apropiado de uso”, lembran desde a ONU, facendo fincapé en que “os beneficios da educación na lingua materna están suficientemente probados por estudos científicos”.


“PREOCUPACIÓN” DO RELATOR

Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, recolleu no pasado algunhas das vulneracións dos dereitos lingüísticos que sufriu a lingua galega e que lle presentou A Mesa, e afirmou que é consciente de que os dereitos das linguas “seguen sen cumprirse nalgunhas rexións”, sinalando o artigo 231 da Lei Orgánica do Poder Xudicial como un “obstáculo importante” para o cumprimento de España “das súas obrigacións internacionais”.


O relator da ONU tamén destacou o papel das comunidades autónomas “en educación, servizos sociais e outras áreas”, o que levou a “unha variedade de modelos e prácticas que se adoptan en diferentes comunidades autónomas”. A continuación, o relator mostrou o seu “preocupación” pola “desconexión entre o estado reclamado dos idiomas cooficiais e o alcance do seu uso real e da implementación da lexislación”, en relación ao feito de que os funcionarios non están obrigados a coñecer a lingua cooficial de Galicia. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE