Concerto de Pablo Alborán na Coruña o próximo xullo, única parada en Galicia na súa nova xira

O Coliseum, o 4 de xullo de 2026, será escenario do concerto do artista malagueño será a súa única parada en Galicia.


|

El cantante Pablo Alborán durante la presentación de su nueva gira.
Foto: EP

 

A Coruña será unha das nove cidades españolas que visite Pablo Alborán na súa nova xira, 'Global Tour'. Actuará no Coliseum, o 4 de xullo de 2026 e será a súa única parada en Galicia.

As entradas para este evento estarán dispoñibles en preventa o vindeiro luns, día 22, e a venda xeral comezará o 24, segundo informa o Concello herculino.

Esta visita, lembra, será a quinta ocasión na que o artista malagueño subirá ao escenario do multiusos coruñés. Pablo Alborán debutou no Coliseum en 2013, repetindo nas xiras de 2015, 2018 e 2023.

Este espectáculo súmase á lista dos concertos xa anunciados polo consistorio. Dani Martín, por partida dobre, Mikel Izal, Fillos da Ruína e Celtas Curtos forman parte da programación musical do recinto para o próximo ano.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE