HM Hospitais reúne en Santiago aos mellores oncólogos de España
O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal HM (CIOCC Galicia) organizará o próximo 8 de maio a ‘I Xornada de Avances en Oncoloxía ao Servizo do Paciente’ na capital galega.
O Centro Integral Oncolóxico Clara Campal HM (CIOCC Galicia) organizará o próximo 8 de maio a ‘I Xornada de Avances en Oncoloxía ao Servizo do Paciente’ na capital galega.
A investigación e tratamento do cancro é un dos obxectivos da xornada
Algúns dos oncólogos máis destacados do país daranse cita o próximo 8 de maio en Santiago de Compostela, onde o Centro Integral Oncolóxico Clara Campal organizará a ‘I Xornada de Avances en Oncoloxía ao Servizo do Paciente’, onde asistirán algúns dos profesionais máis destacados do sector.
O encontro terá lugar o próximo 8 de maio no Hotel Monumento San Francisco, a partir das 16 horas. O Dr. Juan Abarca, presidente do Grupo HM Hospitais, e a Dra. Teresa Curiel, directora do centro compostelán, serán os encargados de abrir a xornada.
A propia Curiel explica que o fin do seu centro é “ofrecer a cada paciente un abordaxe personalizada que inclúa todos os aspectos da enfermidade coas máximas garantías e de forma áxil”.
OBXECTIVOS DA XORNADA
Un dos obxectivos que perseguen os organizadores é avanzar no tratamento e diagnostico desta terrible enfermidade “de modo que os pacientes reciban a mellor asistencia coas técnicas e terapias máis innovadoras e personalizadas que garantan a máxima eficacia”.
Expertos como o Dr. Antonio Cubillo, director de HM CIOCC Madrid, o Dr. Joan Albanell, director de HM CIOCC Barcelona, ou o Dr. Emiliano Calvo, tamén do centro madrileño, con diversos relatorios ao redor dos avances sobre o diagnostico e tratamento de distintos tipos de cancro, sempre abordados co obxectivo de mellorar a caliad asistencial dos pacientes.
Os doutores galegos Martín Lázaro, Jesús García Mata e Rafael López tamén formarán parte das xornadas, con ponencis sobre inmunoterapia, os grupos de traballo na oncoloxía galega ou a oncoloxía traslacional.
“O Dr. Cristóbal Belda, subdirector de avaliación e fomento da investigación do Instituto de Saúde Carlos III, será o encargado de pechar a sesión explicando algúns dos obxectivos máis relevantes logrados nos últimos anos e os retos que afrontan agora mesmo investigadores, médicos e enfermos de cancro”, conclúe o comunicado de HM Hospitais.
Escribe o teu comentario