Martínez Loira empeza a sumar xente ao seu equipo
O candidato á presidencia do Depor engade á súa candidatura a Vázquez Beiras, presidente do Vitoria Cf.
O candidato á presidencia do Depor engade á súa candidatura a Vázquez Beiras, presidente do Vitoria Cf.
O candidato á presidencia Jesús Martínez Loira | Foto: @LaBlanquiazul
O primeiro candidato á presidencia do Deportivo da Coruña, Jesús Martínez Loira, incorporou ao seu proxecto a Juan Vázquez Beiras, presidente do Vitoria CF, avanzando así no seu obxectivo de alcanzar a presidencia da escuadra herculina cun plan baseado na “unidade, fútbol e rigor económico”.
O obxectivo da incorporación de Vázquez Beiras a ‘A Branquiazul’, nome da candidatura de Martínez Loira, é contar coa experiencia dun “profesional do fútbol basee”. “Comezou na presidencia en 1992 ata a actualidade, salvo na etapa 2011-2015, na que ocupou o cargo de vicepresidente da Federación Galega de Fútbol”, expón o comunicado da candidatura.
Vázquez Beiras, que tamén foi responsable do futbol formativo e base a nivel autonómico, supón o primeiro nome dos oito que acompañará a Martínez Loira no seu camiño á presidencia do Depor. O candidato afirma que pensou nesta incorporación “desde o primeiro momento” e que deu o nome do ex vicepresidente da Federación, con quen “comparte ao 100% a filosofía e os obxectivos do proxecto” a Tino Fernández e Augusto César Lendoiro.
Escribe o teu comentario