Un traballador perde a man nun accidente laboral nunha planta de compostaxe de Leiro

O afectado sufriu a amputación do membro mentres traballaba cunha máquina. 


|

Archivo - Uno de los últimos vuelos de la médico del helicóptero del 061, decana de Europa, Charo Rua, en el helipuerto del Hospital Provincial de Conxo, a 7 de marzo de 2025, en Santiago de Compos
Helicóptero do 061

 

Sobre o municipio ourensán de Leiro sobrevoou esta tarde o helicóptero medicalizado con base en Ourense do  Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O seu destno foi unha planta de compostaxe onde tivo que atender a un operario que sufriu un terrible accidente laboral polo que perdeu a man.

 

 

SUCESO

Os feitos ocorreron ao redor das 17 horas nunha das naves da parroquia de Lamas. Desde alí deuse aviso de que un traballador sufrira a amputación dunha man durante os seus labores. 

 

Segundo o relato trasladado ao 112, o operario cortouse cunha cadea mentres realizaba as súas tarefas. Tras recibir o aviso, desde o 112 deron parte ao 061, que trasladou até alí a aeronave para a atención máis inmediata ao afectado. 
 


Até o lugar de traballo tamén se dirixiron axentes da Garda Civil e efectivos de GES de Avión. A vítima foi trasladado a bordo do helicóptero para recibir atención nun centro hospitalario.
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE