Detida por roubar un móbil de máis de mil euros
Axentes da Policía Nacional da Comisaría Provincial de Pontevedra identificaron e detiveron a unha muller de 37 anos, veciña de Pontevedra e con antecedentes policiais, como presunta autora dun delito de furto nun local de lecer por subtraer un teléfono móbil valorado en máis de mil euros.
Segundo informou a Policía Nacional, os feitos tiveron lugar na madrugada deste 3 de maio sobre as 3,15 horas cando se recibiu unha chamada dun encargado dun local de lecer onde supostamente sorprenderan a unha muller cando trataba de fuxir a toda velocidade tras subtraer un bolso.
Esta muller supostamente, relataron as mesmas fontes, subtraera o bolso dunha dunha das clientas que apoiara nunha barra. No interior do bolso había un teléfono móbil valorado en 1.100 euros e facilitoulle a descrición física ao encargado do establecemento, abundou a Policía.
Os axentes que se desprazaron ao lugar dos feitos atopáronse xa coa presunta autora da subtracción "á que identificaron e detiveron por un delito de furto", engade a Policía.
Os axentes policiais, unha vez recuperado, fixéronlle entrega á súa propietaria do seu teléfono valorado en máis de 1.000 euros. Ademais, en dependencias policiais a vítima presentou denuncia polo sucedido. Pola súa banda, a detida foi posta a disposición da autoridade xudicial.
Escribe o teu comentario