Xuventudes Socialistas acusa a Feijóo de “ir de moderado” pero “votar o mesmo que Vox” (VÍDEO)
Os socialistas publicaron un vídeo nas súas redes sociais sinalando que os populares votan en contra das mesmas iniciativas que paraliza Vox.
Os socialistas publicaron un vídeo nas súas redes sociais sinalando que os populares votan en contra das mesmas iniciativas que paraliza Vox.
As críticas de Alberto Núñez Feijóo ao xiro cara á dereita de Pablo Casado recibiron resposta por parte das Xuventudes Socialistas. A organización socialista acusa o presidente de la Xunta de Galicia de “ir de moderado” pero que “á hora da verdade vota o mesmo que Vox contra a mocidade”.
Así o reflicte nun vídeo colgado no seu perfil de twitter. Nel fai unha comparativa sobre unha proposta do PSOE para que facer gratuítas as primeiras matriculas na universidade. A proposta foi realizada no Parlamento de Andalucía o pasado 27 de febreiro. Vox, presente na cámara andaluza con 12 deputados desde o pasado decembro, emitiu un voto en contra da medida.
O pasado 10 de abril realizouse unha votación similar no Parlamento de Galicia. A Proposta de Lei foi tombada polo voto en contra do Partido Popular, con maioría na cámara autonómica. “Feijóo e o PP de Galicia votan en contra. Feijóo vota os mesmo que Vox: en contra da mocidade”, lamentan Xuventudes Socialistas.
Escribe o teu comentario