Só un de cada tres británicos votaría hoxe polo Brexit
Segundo unha enquisa de Opinium, o 55% dos británicos considera hoxe que a celebración dun referendo para saír da Unión Europea foi un erro.
Pasaron case tres anos desde que os británicos acudiron ás urnas para decidir a súa continuidade na Unión Europea. Pero, que pensan hoxe os cidadáns daquela convocatoria de referendo?
Segundo unha sondaxe realizada por Opinium para a publicación 'The Observer', o 55% dos enquisados considera que a celebración dun referendo do Brexit constituíu un erro e fose mellor non convocalo.
As cifras desagregadas por partidos políticos tamén arroxan datos interesantes. O estudo sinala que mesmo entre os votantes 'tories' un amplo segmento arrepíntese da votación (un 49%). Entre os laboristas, un 72% cre que fose mellor non celebrar o referendo, fronte ao 18% que cre que foi adecuado.
E se se volvese a votar? Unha maioría do 46% de enquisados apoiarían seguir na Unión, fronte a un 34% que volvería votar saír da UE. Con todo, un 20% de votantes indecisos podería decantar a balanza cara á permanencia ou a saída.
O único claro a tres anos da celebración do referendo, é que Reino Unido é hoxe unha sociedade dividida metade por metade entre 'remainers' e 'brexiters'.
Escribe o teu comentario