Chega a Galicia o leite que garante un prezo xusto aos gandeiros e mellor vida ás vacas

"Quen é o xefe? A marca dos consumidores". Así se chama a iniciativa que introduciu un cambio significativo no mercado francés e que agora busca implantarse no noso país. Onte presentouse en Santiago co patrocinio do Sindicato Labrego Galego (SLG).


|

"Quen é o xefe? A marca dos consumidores". Así se chama a iniciativa que introduciu un cambio significativo no mercado francés e que agora busca implantarse no noso país. Onte presentouse en Santiago co patrocinio do Sindicato Labrego Galego (SLG).



MARCA DOS CONSUMIDORES PRESENTACION SANTAIGO

Vilalba e Locqueneux durante a presentación


“C’est qui lle patron?” naceu co obxectivo de vender 5 millóns de litros de leite ao ano. No seu primeiro exercicio, 2017, venderon 35 millóns. En 2018, 100 millóns. 


A pesar deste éxito, o seu impacto aínda é limitado. Hai que ter en conta que o mercado francés é enorme, cuns 23 billóns de litros recolleitos cada ano.


Aínda así, permitiu que miles de consumidores compren leite coa seguridade que o prezo que pagan (0,99 €/litro) é xusto para o gandeiro, ao que se lle garante un mínimo de 0,39 €/litro (máis no caso de leite de mellor calidade). En Galicia, a media anda na actualidade en 0,31 € litro.


PRESENTACIÓN ANTE GANDEIROS

"A iniciativa remunera dignamente aos produtores e xa comercializa unha vintena de produtos en Francia", explican desde o SLG.  A súa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, fixo de anfitrioa á cofundadora Laurent Chammade e a  a a coordinadora no Estado Español, Annaïck Locqueneux. 


Ante medio centenar de gandeiros galegos congregrados no Centro Sociocultural de Fontiñas, explicaron o funcionamento da iniciativa. Destaca que son os consumidores o que, votando a través de Internet, deciden que requisitos debe cumprir o produto. Así, en Francia decidiron que o leite debería ser francesa, producida por vacas en pastoreo e alimentadas con forraxes compradas sempre na súa rexión.


O RURAL GALEGO PERDE UN DOS SEUS POUCOS MOTORES ECONÓMICOS

O SLG argumenta que Galicia necesita xa iniciativas deste tipo, porque o país segue á cola de España e da UE no prezo medio que reciben os gandeiros. O resultado, cada ano pechan no despoblado rural galego ata 500 granxas de leite. En febreiro sobrevivían unhas 7.400, cando en 2016 había máis de 9.000.


Por agora, a extensión da idea francesa en España está a dar os seus primeiros pasos. Iso si, os clientes interesados xa poden votar en liña que produtos estarían dispostos a comprar baixo "a marca dos consumidores". En só tres semanas, xa votaron 5.500 persoas, segundo os organizadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE