HM Hospitais segue crecendo e mellora as súas cifras en Galicia
O Grupo pechou o exercicio cuns ingresos de 1,4 millóns de euros na comunidade galega, onde conta con cinco hospitais.
O Grupo pechou o exercicio cuns ingresos de 1,4 millóns de euros na comunidade galega, onde conta con cinco hospitais.
HM Hospitais segue crecendo. Os datos de crecemento do Grupo aumentaron exponencialmente. Se botamos unha vista atrás na súa facturación, podemos comprobar que en cinco anos, HM Hospitais duplicou a súa facturación. O crecemento en 2018 situouse por encima do 14%, con 415,2 millóns de euros en ingresos, cunha facturación de 363 millóns no pasado exercicio. Estes datos posicionan a HM Hospitais como un dos actores máis relevantes do mercado sanitario español privado, demostrando o efecto da súa estratexia asistencial e financeira á alza.
“Os recursos humanos da compañía seguen crecendo ata alcanzar a cifra histórica de 4.800 empregados, dos cales o 89% son indefinidos. Nese sentido, son aproximadamente uns 5.000 médicos quen ofrece a mellor asistencia sanitaria aos pacientes nos 40 centros do Grupo, que conta tamén con máis de 1.400 camas e 100 quirófanos no seu conxunto”, celebra o Grupo no seu comunicado.
Ademais, destaca o crecemento que viviu o Grupo en Madrid, pero centra o seu foco tamén en Galicia, onde conta con cinco hospitais ademais do Centro Integral Oncolóxico Clara Campal-CIOCC Galicia e o HM Fertility Center, entre outros. Na comunidade os ingresos aumentaron en 1,4 millóns.
Con estes ingresos, o Grupo puido empregar os beneficios na ampliación de complexos como o Hospital Universitario HM Porta do Sur ou a dotación de material e da última tecnoloxía médica.
O presidente de HM Hospitais, o doutor Juan Abarca Cidón, considera que “manter estes bos resultados financeiros permítennos seguir coa proxección de consolidar e desenvolver a nosa rede de centros hospitalarios, que ao traballar de maneira coordinada garanten aos pacientes tratamentos e procesos asistenciais iguais estean onde estean situados xeograficamente”.
Escribe o teu comentario