É Eloy Jiménez o salvador do CD Lugo?

O técnico albaceteño asume o reto de salvar ao club lucense nos sete partidos que quedan.


|

O técnico albaceteño asume o reto de salvar ao club lucense nos sete partidos que quedan.


D4vuVMKW0AEEyiX

Anuncio da chegada de Jiménez / Foto: CD Lugo


Xa non hai marxe para o erro. O CD Lugo atópase actualmente na decimonovena posición da táboa, pechando os postos de descenso. A derrota o cadro albirrojo ante o Selecta e o triunfo do Estremadura en Riazor (fraco favor o que fixeron os seus veciños herculinos ao conxunto lugués), deixan ao Lugo sen colchón sobre a zona vermella, o que levou á directiva da escuadra amurallada a prescindir de Alberto Monteagudo e confiar a dirección o equipo en Eloy Jiménez.


Monteagudo, que chegara coa tempada empezada en substitución de Javi López, deixa o Anxo Carro cunha pobre bagaxe de dez empates e oito derrotas por só cinco vitorias.


Como Monteagudo, Jiménez nunca dirixiu en Segunda División. O técnico, tamén albaceteño como o seu predecesor, conta cunha dilatada experiencia no futbol de bronce, onde dirixiu a UCAM Murcia, Mérida ou Fuenlabrada, deixando este último despois de chegar en abril e abandonar o proxecto en xullo.


O CALENDARIO

Agora, co Lugo en descenso por primeira vez en toda a tempada, o reto é maiúsculo, aínda que o cadro branquivermello depende de si mesmo, xa que só dous puntos sepárano do Estremadura, equipo ao que se medirá na xornada 40.


O calendario dos lucenses inclúe duelos ante equipos metidos na fariña da loita pola salvación. A primeira batalla será en Gran Canaria, ante un As Palmas que só avantaxa en seis puntos ao Lugo. Tenerife, con 40 puntos, será o último en visitar o Anxo Carro, mentres que os galegos pechasen o curso en casa do Nástic, virtualmente descendido. Entre medias, o Lugo recibirá a Deportivo e Almería e visitará O Molinón para enfrontarse ao Sporting de Xixón

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE