Máis controis de Tráfico esta Semana Santa, especialmente nalgunhas estradas convencionais

|

A Garda Civil aumentará en Galicia os controis con motivo do inicio da segunda fase da 'Operación Saída de Semana Santa de 2019', na que se potenciarán servizos orientados ao control do consumo de alcol e drogas, velocidade, uso do cinto de seguridade e utilización do teléfono móbil durante a condución.


Segundo informou o Instituto Armado, as vías convencionais, nas cales recentemente se reduciu a velocidade máxima a 90 quilómetros por hora, serán obxecto de "especial atención", por ser as vías "con maiores índices de sinistralidade e ser utilizadas nestas datas para os traslados curtos a zonas de lecer ou celebracións relixiosas, entre outras".



Lousametraficovelocidadradar


Estes controis efectuaranse en calquera tramo horario e establecendo puntos "dinámicos" ao obxecto de efectuar un labor disuasorio, indicou a Benemérita.


"Dado que son datas moi empregadas para o esparexemento e a realización de actividades ao aire libre (práctica de ciclismo, realización do Camiño de Santiago, etc) que en moitas ocasións obrigan a compartir espazos comúns, deben extremarse as precaucións nas zonas de afluencia de ciclistas e/ou peóns (peregrinos)", avisa o Instituto Armado.


A prevención de accidentes de tráfico e das súas consecuencias, xunto co auxilio aos usuarios das estradas, conforman os eixos principais sobre os que a Garda Civil basea a súa contribución á seguridade viaria en España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress