Investidores españois aumentan o seu peso na mineira de Touro


Catro fondos de investimento españois suman xa o 15% do accionariado de Atalaya Minning, a multinacional que promove a polémica reapertura da mina de cobre de Touro.


|

Catro fondos de investimento españois suman xa o 15% do accionariado de Atalaya Minning, a multinacional que promove a polémica reapertura da mina de cobre de Touro.


Ademais de Cobas, cuxa aposta por esta compañía xa era coñecida, tamén entraron no accionariado Trea Capital (xestionado por Cajamar),  Kersio (xestionado por Bankinter) e Solventis; segundo adiantou hoxe El Confidencial.


Fondo Capital Porcentaxe
COBAS IBERIA, FI (1) 2.591.044€ 4.60%
GLOBAL VALUE OPPORTUNITIES, FI (1) 211.05€ 4.00%
SOLVENTIS EOS EUROPEAN EQUITY, FI (1) 237.55€ 3.40%
MEDIOLANUM EUROPA R.V., FI (1) 990.52€ 2.70%
MAGALLANES MICROCAPS EUROPE, FI (1) 2.113.443€ 2.50%
TREA CAJAMAR RENDA VARIABLE EUROPA, FI (1) 447.45€ 2.50%
INTERMONEY VARIABLE EURO, FI (1) 706.54€ 1.80%
VALENTUM, FI (1) 2.061.674€ 1.50%
INTERMONEY GESTION FLEXIBLE, FI (1) 41.16€ 0.30%
INVERBANSER, FI (1) 42.94€ 0.10%
COBAS SELECCION, FI (1) 174.79€ 0.00%
Operacións de fondos de investimento co accionariado de Atalaia a 31-12-2018 (fonte:fondium.com)


Só o 20% do capital de Atalaya está dispoñible para que fondos como estes negociena través de bolsa. O 80% restante está en mans dunha empresas suíza (o xigante Trafigura), outra chinesa e dous fondos de investimento de EE.UU. Esta parte maioritaria do accionariado púxose en venda hai meses.



Francisco garcia parames

García Paramés


Os movementos na parte minoritaria do capital de Atalaya prodúcense despois de que varios especialistas sinalan a esta compañía como unha das máis atractivas para os investidores. En 2018 fixérono tanto o gurú ferrolán Francisco García Paramés  (Cobas) como Xavier Brun, de Solventis. Ambos destacaron que o cobre vive unha demanda cada vez maior estimulada, entre outros factores, polo auxe do coche eléctrico.


Con todo, estas apostas públicas polo futuro de Atalaiy non se traduciron ata agora nun repunte importante da súa cotización en bolsa. Tampouco hai avances públicos no proceso de venda do 80% do capital dos accionistas maioritarios, que Atalaya encargou ao Bank of Montreal


INCERTEZAS

O futuro da compañía está condicionado por varios factores. En Huelva, única mina que explota, a Xustiza acaba de anular a autorización concedida pola Junta de Andalucía, aínda que Atalaia estima que poderá seguir traballando con normalidade.


En Galicia, explotar cobre e prata en Touro - O Pino aínda é un proxecto; pendente da avaliación de la Xunta no medio dunha importante protesta veciñal.  Atalaya ten dereito a comprar ata o 80% de Cobre San Rafael, que é a compañía galega titular dos permisos.

relacionada A mineira de Touro prevé lograr luz verde antes de que acabe o verán
relacionada Feijóo sobre a extracción de prata na mina de Touro: “Non se poden extraer minerais sen autorización previa e esa empresa non a ten”
relacionada O Parlamento tomba unha iniciativa para emitir unha declaración de impacto ambiental desfavorable á mina de Touro

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE