A Xustiza chama a declarar a ex-senador Jiménez Morán por prevaricación

O home forte de Feijóo na provincia de Ourense di que só cumplio o que lle mandaba a súa secretaria. Preséntase a alcalde cando está investigado por favorecer a unha compañeira de partido, ex-deputada, cunha licenza urbanística.


|

O home forte de Feijóo na provincia de Ourense di que só cumpriu o que lle mandaba a súa secretaria. Preséntase a alcalde cando está investigado por favorecer a unha compañeira de partido, ex-deputada, cunha licenza urbanística.



JimenezMorn

Jiménez Morán


Juan Manuel Jiménez Morán (PP) tentará volver ser alcalde de Verín tendo pendente unha citación xudicial por prevaricación administrativa. O que fose senador por designación autonómica na lexislatura recentemente terminada deberá dar explicacións ante a xustiza o vindeiro venres 13 de xuño.



O denunciante é o propio Concello, gobernado por Gerardo Seoane (PSOE). O municipio aprobou hai uns meses remitir á fiscalía o expediente da casa da ex-concelleira conservadora Carmen Prado. Agora o xuíz ve creibles as acusacións e, segundo adiantou Diario do Támega, chama a declarar ao polício.


De acordo á versión do Concello de Verín, Jiménez Morán, sendo alcalde, concedeu irregularmente unha prórroga para a construción dunha vivenda en Cabreiroá en chan rústico, só tres días despues de que a ex-deputada Carmen Prado solicitásea e a pesar de que o predio era non urbanizable.


Segundo recolle A Rexión, Morán argumenta que só cumpriu unha sentenza xudicial e que ademais cumpría o que lle mandaba a súa secretaria.


AFORADO SE FEIJÓO VOLVE A COLOCAR DE SENADOR

A investigación ao edil é relevante en Galicia a nivel autonómico, dado que o PP escolleu a Morán para ser senador por designación do Parlamento de Galicia, polo que gozou de aforamiento ata as convocatoria das eleccións. Posto, e aforamiento, que podería aspirar a repetir se non logra reconquistar a alcaldía da vila. 


Morán é un dos homes fortes de Alberto Nuñez Feijóo en Ourense. De feito, foi o peón que escolleu o aparello do partido no fracasado intento de arrebatar ao baltarismo o control do PP provincial.

relacionada Concello denuncia a senador acusándoo de prevaricar cunha licenza urbanística
relacionada Estes son todos os candidatos en Galicia para as eleccións xerais do #28A

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE