Falece o concelleiro socialista Octavio Dopico do Concello de Narón

|

Pesar no Concello de Narón (A Coruña) tras o falecemento nas últimas horas do concelleiro do PSOE Octavio Dopico, responsable de Sanidade e Actividades Ambientais no goberno tripartito que conforman Terra Galega, PSOE e BNG.


Pesar en Narón (A Coruña) pola morte do concelleiro socialista Octavio Dopico
Dopico faleceu este domingo, 15 de abril, tras sufrir unha enfermidade que o tivo apartado nas últimas semanas do seu labor como edil e como médico de Atención Primaria, profesión que exercía no centro de saúde de Narón.

Ademais, o edil socialista fora elixido entre a militancia do seu partido para concorrer como cabeza de lista nas próximas eleccións municipais para a Alcaldía de Narón.

Dopico era licenciado en Medicina pola Universidade de Santigo de Compostela (USC). Foi subdirector médico no Hospital Provincial de Pontevedra e subdirector de urxencias e procesos ambulatorios na área Sanitaria de Ferrol.

Os restos mortais do concelleiro socialista atópanse no Tanatorio San Lorenzo.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress