Búscase autista de 18 anos desaparecido o venres

A Garda Civil mantén activo o dispositivo de procura de Anxo Daniel, un mozo de 18 anos, desaparecido na localidade de Baiona (Pontevedra) na tarde-noite do pasado venres 12 de abril.

|

A Garda Civil mantén activo o dispositivo de procura do mozo de 18 anos desaparecido en Baiona (Pontevedra)

A Garda Civil mantén activo o dispositivo de procura de Anxo Daniel, un mozo de 18 anos, desaparecido na localidade de Baiona (Pontevedra) na tarde-noite do pasado venres 12 de abril.

Segundo informou a Garda Civil, as últimas noticias indican que foi visto este sábado no municipio da Guarda.

O mozo, que vive en Baiona xunto coa súa nai, foise de casa "sen dar explicacións á noitiña" e non é a primeira vez que desaparece. Ademais, a familia informou de que o mozo padece autismo.

O desaparecido é moreno e delgado, usa lentes e vestía chándal negro con camiseta branca. A Garda Civil solicita que calquera persoa que poida ter información sobre el chame ao número de teléfono 062 ou ao propio 112.

A súa desaparición tamén foi comunicada ás autoridades lusas da comisaría conxunta de Tui.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE