Oposicións para a Administración Xeral cun 44% de asistencia

Unha persoa foi expulsada do exame pola utilización dun dispositivo móbil.


|

Unha persoa foi expulsada do exame pola utilización dun dispositivo móbil.


Máis de 9.000 aspirantes están convocados este domingo ás oposicións de auxiliar administrativo do Sergas
A porcentaxe de participación nas oposicións celebradas este sábado no recinto da Feira Internacional de Galicia na localidade pontevedresa de Silleda para o ingreso ao corpo auxiliar da Administración Xeral C2 foi do 44%.

Así, segundo datos de la Xunta, do total de 10.315 aspirantes que estaban convocados, menos da metade presentáronse finalmente, con 4.537 persoas.

Ademais, este sábado tamén tivo lugar o primeiro exercicio para o ingreso no corpo superior da Administración Xeral da Comunidade autónoma A1, para o que se presentaron 542 dos 1.176 aspirantes convocados, o que supón unha porcentaxe de participación do 46%.

Esta xornada, día de inicio das probas, transcorreu sen incidentes relevantes e os exames desenvolvéronse "con total normalidade", a pesar de que o persoal de vixilancia expulsou da proba a unha persoa que estaba a utilizar un dispositivo móbil.

Este domingo, continuarán as probas de acceso coa realización pola mañá do exame para o corpo de xestión da Administración Xeral de Galicia A2, con 2.010 aspirantes convocados. Pola tarde será a quenda da categoría camareiro-limpador/axudante de cociña, aos que están chamadas 6.751 persoas.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE