Imposible repoboar o rural se a Xunta desmantela as oficinas agrarias, critica un sindicato


Non se pode aspirar a manter a poboación no rural e ao mesmo tempo desmantelar as oficinas agrarias comarcais. Isto é os que a CIG Autonómica reprocha á Xunta de Galicia, alertando ademais da "privatización ou extinción das funcións" de labores destas oficinas de información.


|

Non se pode aspirar a manter a poboación no rural e ao mesmo tempo desmantelar as oficinas agrarias comarcais. Isto é os que a CIG Autonómica reprocha á Xunta de Galicia, alertando ademais da "privatización ou extinción das funcións" de labores destas oficinas de información.


Cartel oficina agraria ponteareas foto de concello de ponteareas

Cartel do Concello de Ponte Caldelas na primavera de 2018 anunciando que a Oficina Agraria pecha por falta de persoal 


O principal sindicato da administración galega asegura que un de cada cinco postos de traballo nestas oficinas está vacante, debido a "amortizacións ou falta de dotación orzamentaria".


Por agora, a Consellería do Medio Rural, que xestiona as Oficinas Agrarias Comarcais, non respondeu ás acusacións da central nacionalista, emitidas este domingo.


CRÉASE UN "NEGOCIO DE XESTIÓN PARALELO"

A CIG insiste en que non só desaparecen empregos públicos no rural, senón que tamén hai "retirada de funcións cara a empresas" en labores como a tramitación das subvencións da PAC europea e os cursos de formación. 


"Ante esta situación estase a xerar un negocio de xestión paralelo (xestorías agrarias) que ocupa o espazo do servizo público" prestado desde hai décadas polas Oficinas. O sindicato engade que os traballadores públicos que quedan teñen unha idade avanzada, máis da metade son maiores de 51 anos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE