Atención Primaria está "ferida de morte" polo que debería haber folga, di Precarias

Non todos están de acordo coa desconvocatoria da folga a última hora en Atención Primaria do SERGAS. O colectivo Precarias pola Atención Primaria descólgase da decisión adoptada por seis sindicatos (UXT, CIG, CSIF, CESM, Comisións Obreiras e Ou'Mega).


|

Non todos están de acordo coa desconvocatoria da folga a última hora en Atención Primaria do SERGAS. O colectivo Precarias pola Atención Primaria descólgase da decisión adoptada por seis sindicatos (UXT, CIG, CSIF, CESM, Comisións Obreiras e O'Mega).


Faino sen atacar aos seus compañeiros do sector pero tamén con fortes críticas a unha desconvocatoria que "non dá resposta ás reivindicacións da protesta" ante "a situación de alarma na que se atopa o noso sistema sanitario".



Precarias pola antencion primaria sergas


Na súa opinión, esta decisión é un "erro" , que pode axudar a acougar o "descontento e mobilización" no sector a pesar de non arrincarlle ningún avance concreto á Xunta, máis aló dunha "promesa vaga de diálogo".


O certo é que o anunciado onte pola Xunta non ofrece moitos detalles concretos, máis aló da creación dun novo órgano de diálogo co sector para recoller as súas reivindicacións.


Precarias pola Atención Primaria entende que a situación é grave e promete continuar coas súas mobilizacións ata lograr o fin da precariedade laboral e a mellora global dunha "Atención Primaria ferida de morte". Con todo, ao non ser oficialmente un sindicato, non está facultado legalmente para convocar unha folga.





Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE