Case o 35% dos matriculados para as oposicións de adminitrativos do SERGAS non se presenta

Un total de 5.918 aspirantes acudiron este domingo ao Recinto da Feira Internacional de Galicia na localidade pontevedresa de Silleda para realizar os exames do concurso oposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) correspondentes á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, o que supón máis dun 65,13% das 9.087 persoas que estaban admitidas.

|

Un total de 5.918 aspirantes acudiron este domingo ao Recinto da Feira Internacional de Galicia na localidade pontevedresa de Silleda para realizar os exames do concurso oposición do Servizo Galego de Saúde (Sergas) correspondentes á categoría do grupo auxiliar da función administrativa, o que supón máis dun 65,13% das 9.087 persoas que estaban admitidas.


Un total de 153 persoas con discapacidade intelectual realizan os exames para Este proceso selectivo está destinado a cubrir 209 prazas do Sergas, das cales 93 correspóndense á quenda de acceso libre, 105 ao de promoción interna e 11 ao de discapacidade, segundo sinalou a Xunta nun comunicado.

Segundo destacou a Xunta nun comunicado, máis do 17% dos admitidos ten actualmente vínculo activo ao Sergas, o 1,2% provén de fóra de Galicia, case un 41% ten menos de 40 anos e máis do 80% do total dos convocados é muller.

"Como en anteriores procesos selectivos, para dar cumprimento ás esixencias de obxectividade e imparcialidade na selección das persoas aspirantes, reforzaranse as medidas de seguridade coa posta a disposición dos tribunais de selección dunha plataforma securizada para a elaboración de cada un dos exercicios da fase de oposición, garantindo desta maneira o seguimento de todo o proceso, así como a selección aleatoria e automatizada das preguntas do exame", explicou a Consellería de Sanidade.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE