Grupos de seguridade privada e servizos denunciados por burlar suba do salario mínimo

Iván Blanco, secretario de organización estatal FTSP-USO, atende a Galiciapress para explicar os motivos das denuncias a tres empresas de servizos auxiliares que operan na comunidade, como Ombuds Servizos Auxiliares (filial de Ombuds Seguridade) que ten “auxiliares de servizo nos Carrefour de toda Galicia”. 


|

Iván Blanco, secretario de organización estatal FTSP-USO, atende a Galiciapress para explicar os motivos das denuncias a tres empresas de servizos auxiliares que operan na comunidade, como Ombuds Servizos Auxiliares (filial do grupo de vixilancia privada Ombuds Seguridade), que ten “auxiliares de servizo nos Carrefour de toda Galicia”.


Ombuds vixiante

Vixiante de Ombuds nunha imaxe  na web do sindicato | FTSP USO


A Federación de Traballadores de Seguridade Privada-USO iniciou unha campaña de denuncias ás empresas do sector de servizos auxiliares que non aplican a subida do salario mínimo a 900 euros, aprobada polo Goberno central, segundo adiantou El oCnfidencial Dixital.


FTSP-USO confirma a Galiciapress que por agora as denunciadas son a filial de Ombuds dedicada a servizos auxiliares, Bilur 2000 e a antiga Seguriber, actual INV . Nos tres casos  “son filiais de empresas matrices de seguridade privada”.


TRES FORMULAS DE PRESUNTO TRAMPEO

Iván Blanco, secretario de organización estatal FTSP-USO, asegura que son tres as fórmulas utilizadas polas compañías para burlar a aplicación da subida salarial. “Hai un primeiro caso que son as empresas que non cumpren a subida, mantendo as mesmas táboas salariais e non respectan os 900 euros brutos ao mes repartidos en 14 pagas; un segundo caso que son aquelas que absorben e compensan complementos que entendemos que son extrasalariales; e unha terceira que son as que quitan en nómina todos os conceptos adquiridos por convenio e meten un salario base de 900 euros”, explica Blanco, recalcando que estamos a falar nestes casos de “empresas de servizos auxiliares”. É dicir, as que proporcionan “conserxes, controladores de acceso, operarios de parking, etc.”.


Desde o sindicato cometan que as empresas que non respectan a subida e manteñen as táboas salariais antigas “son as que menos”, mentres que “a maioría” son as que tratan de tapar a subida con compensacións extrasalariais. “Aquí temos o problema que concentra a maioría de denuncias, porque se hai unha persoa que por exemplo ten un salario base de 700 euros e un complemento de transporte e vestiario de 100 euros cada un, pois xa suma os 900 e as empresas entenden que é o salario mínimo e que están a cumprir”, denuncia Blanco.


Con todo, FTSP-USO entende que “eses complementos son extrasalariais, que non poden aplicarse ao cálculo do salario mínimo”, polo que non se está aplicando realmente a subida marcada pola lei. “Absorben conceptos extrasalariais para trampear este asunto e alegar que os traballadores cobran 900 euros ou máis”, lamentan desde o organismo sindical.


Segundo a súa versión, Ombuds Servizos Auxiliares, parte dun grupo que adquiriu Castellana de Seguridade (CASESA), directamente non respecta a subida salarial, mentres que Bilur 2000 e INV “trampean” o salario mínimo con estes complementos. 


EMPRESAS QUE TRABALLAN EN GALICIA

As denunciandas teñen base en Madrid e o País Vascos, pero todas traballan Galicia.


Ombuds servizos, por exemplo, ten auxiliares de servizo nos Carrefour de toda Galicia, ademais dos vixiantes”, afirma Blanco. Ademais, Ombuds seguridade conta con contratos públicos, por exemplo a seguridade das delegacións de Facenda  na comunidade. Tamén era a empresa con contrato de vixilancia na área comercial Parque Oleiros ata a supresión da seguridade física, situación denunciada esta semana polos catro principais sindicatos do sector.

A continuación, desde o sindicato destacan que as denuncias responden exclusivamente á aplicación do salario mínimo, sen entrar en se as empresas denunciadas ou outras posibles investigadas incumpren a outros aspectos laborais. “O que queremos é que se diferencie que corresponde ao aspecto salarial e que ao aspecto extrasalarial, porque é o que queremos levar ao xulgado e que alí nos digan se eses complementos pódense aplicar ao salario mínimo”, expón Blanco.  


A GALEGA ALCOR

Desde o sindicato manteñen a lupa posta sobre aquelas empresas das que sospeitan cometen irregularidades nos pagos. Neste sentido, o grupo monfortino Alcor Seguridade é un das empresas ás que FTSP-USO non perde a pista desde hai anos.


“No caso de Alcor, si que hai varias categorías dentro do convenio de empresa, que asinou por baixo do estatal, que non respectan o salario mínimo”, advirte o secretario de organización estatal. 


Iremos a por todas as que non cumpran as leis, a asesoría xurídica está alerta en canto vemos a estas empresas que non respectan o salario mínimo, as que non adecuaron as táboas salariais, esas automaticamente preséntase o conflito colectivo e de aí directamente á Audiencia Nacional”, conclúe Blanco.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE