O sindicalista próximo a Rajoy detido en operación contra a prostitución declara ante o xuíz

Os seis detidos en Galicia no marco da investigación sobre trata de seres humanos e contra a prostitución, que se saldou con outros tres detidos en Paraguai, foron trasladados ao xulgado de Santiago de Compostela que instrúe a causa para pasar a disposición xudicial este xoves.

|

Os seis detidos en Galicia no marco da investigación sobre trata de seres humanos e contra a prostitución, que se saldou con outros tres detidos enParaguay, foron trasladados ao xulgado de Santiago de Compostela que instrúe a causa para pasar a disposición xudicial este xoves.


Segundo confirmaron a Europa Press fontes policiais, os seis detidos que permanecían en dependencias da Comisaría de Santiago foron levados en furgóns policiais na mañá deste xoves aos xulgados composteláns de Fontiñas para pasar a disposición xudicial.



Rajoy perez miramontes sanxenxo facebook

Imaxe dun dos paseos de Rajoy por Sanxenxo con Miramontes, Palmou, Vermello, Pastor e Lete Lasa nunha foto do Faceboiok de Manuel Barral Sánchez


Está previsto que o expresidente de Xóvenes Agricultores Juan Pérez Miramontes, un dos seis detidos en Galicia no marco desta operación, pase en último lugar a disposición xudicial, segundo confirmou o seu avogado, Miguel Ángel Fernández, que "conta saír" do xuízo da Fundación Cela, no que representa a unha parte, para poder representar ao empresario legalmente.


O feito que sexa o último en declarar dá mais peso as informacións que apuntan a Miramontes como financiador da trama ou, mesmo, xefe da mesma. O ex-líder do sindicato agrario Xóvenes Agricultores é un personaxe clave nas últimas décadas en Galicia, dado que liderou o defunto sindicato agrario próximo ao PP. Ademais, era parte do círculo próximo a Mariano Rajoy, como testemuñan as numerosas fotos xuntos nas súas veraneos en Sanxenxo, visitas ao seu iate incluídas.




Miramontes rajoy louzán sanxenxo iate imaxe de burbulla info

Miramontes detrás de Rajoy no seu iate | Burbulla.info


O Xulgado de Instrución número 3 de Santiago, que comezou a dirixir este investigación sobre trata de seres humanos e contra a prostitución en decembro de 2018, citou na mañá deste xoves ás seis persoas arrestadas en Galicia.


OPERACIÓN

A operación foi levada a cabo pola Brigada de Estranxeiría de Madrid, a Brigada de Estranxeiría de Santiago de Compostela e a Fiscalía de Paraguai.


No marco deste operativo, ademais das nove detencións, practicáronse seis entradas e rexistros no partido xudicial de Santiago de Compostela.


No marco desta operación investígase unha rede que captaba mulleres en Paraguai e traíaas a Santiago de Compostela, onde eran obrigadas a exercer a prostitución.


Entre os delitos polos que se segue a causa inclúese trata de seres humanos con fins de explotación sexual, favorecimiento da prostitución e alteración do estado civil de menores, sinalaron fontes xudiciais.

relacionada Vídeo en directo da operación na que foi detido o líder de Xóvenes Agricultores, próximo a Rajoy
relacionada Detido ex-líder sindical afín ao PP en operación contra a prostitución e o narcotráfico
relacionada Feijóo desexa "sorte" como "a calquera galego" ao ex-líder sindical afín ao PP detido en operación contra prostitución e narcotráfico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE