Detido ex-líder sindical afín ao PP en operación contra a prostitución e o narcotráfico

Mariano Rajoy era un dos que adoitaba visitar o iate de Juan Pérez Miramontes, por entón presidente de Xóvenes Agricultores, antes de caer en desgraza. E é que Xóvenes foi durante décadas o sindicato agrario vinculado ao PPdeG. Miramontes foi detido onte nunha operación contra trátaa de mulleres.


|

Mariano Rajoy era un dos que adoitaba pasear todos os veráns con Juan Pérez Miramontes, por entón presidente de Xóvenes Agricultores, antes de caer en desgraza. E é que Xóvenes foi durante décadas o sindicato agrario vinculado ao PPdeG. Miramontes foi detido onte nunha Operación Chipa contra tráta de mulleres.


A Policía Nacional entrou onte en cinco pisos do Ensanche de Santiago de Compostela. Neles descubriu drogas, ademais de mulleres presuntamente vítimas dunha rede de trata de persoas.


As mozas de nacionalidade paraguaia son supostas vítimas do esquema clásico neste tipo de tramas. Así, ofrecíanlles un traballo en España e cando chegaban eran forzadas a prostituírse en pisos dos seus supostos proxenetas para devolver a débeda da viaxe. De feito, axentes da policía de Paraguai interviñeron na operación.


Hai seis detidos en España e polo menos tres en Paraguai. Impútanselles explotación de mulleres e falsificación de documentos; ademais de tráfico de drogas. Cans policía especializados en atopar estupefacientes accederon aos pisos nas rúas Xeral Pardiñas (dous inmobles, un deles onde foi detido Miramontes) Ramón Cabanillas, Hórreo e Rúa Nova de Abaixo.


A investigación está baixo secreto de sumario pero filtrouse á prensa dado a súa embergadura, que baleirou de secretarios xudiciais os xulgados composteláns  na mañá do martes.


Descoñécese pois cal é o papel de Miramontes na Operación Chipa. Un diario paraguaio, La Nación,  asegura que un dos españois detidos é o líder da trama e que financiaba as operacións. Esta cabeceira di que en España as mulleres eran recibidos por cinco paraguaios polo que, se eles están entre os detidos, estarían baixo a supervisión dun español.


A noticia impactou aos círculos políticos conservadores galegos, dado ao papel crave que xogou Miramontes durante moitos anos.


Aínda que todos os líderes sindicais negarano, o certo é que case todas as centrais agrarias -como as de clase- están próximas a determinados partidos políticos. No caso do PPdeG, o seu poderoso brazo durante décadas no campo galego foi Xóvenes Agricultores, federado na rede estatal Asaja, que segue operativa en España. De feito, en Galicia tentouse reconstruír Xóvenes con outro nome, Asaja-Galicia, sen éxito ante o celo de Facenda.


Este sindicato chegou a ter nos seus tempos de esplendor co fraguismo centos de traballadores. Pese ao apoio das administracións conservadoras e que o rural galego é historicamente celeiro de votantes do PPdeG, Xóvenes naufragou sorprendentemente. Fíxoo no medio de denuncias por falta de pagamento de nóminas duns traballadores que ao mesmo tempo se queixaban do alto nivel de vida de Pérez Miramontes.


Ademais do iate que ancoraba todos os veráns en Sanxenxo, onde se deixaban ver con líderes 'populares' como Rajoy, Rafael Louzán, Pilar Rojo, Xesús Palmou  ou Ana Pastor; Miramontes figura como administrador de dúas empresas na actualidade. A academia de Proxectos Formativos do Século XXI e Investimentos Dínamo, domicilizadas en Aradas. O seu nome tamén aparece vinculado a a Asociación de Autónomos de Galicia-Audegalia e no seu Linkedin proclámase Director de Investimentos Medioanbientales SA e ex presidente de Silvanus España.


A agonía de Xóvenes acabou en 2016, tras anos nos que Miramontes xa non exercía de fronte pública do sindicato. Un xulgado de Lugo decretou a súa disolución deixando importantes débedas á seguridade social.




Perez miramontes no centro

Perez Miramontes, no centro, nunha imaxe da web de la Xunta dunha reunión coa delegada da Coruña en 2012.







Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE