Vídeo en directo da operación na que foi detido o líder de Xóvenes Agricultores, próximo a Rajoy

Varias televisións paraguaias retransmitiron case en directo a operación policial contra unha suposta trama de prostitución pola que está detido o ex-presidente de Xóvenes Agricultores, dirixente afín ao PPdeG e que compartía veraneo con Mariano Rajoy, Ana Pastor, Rafael Louzán e outros mandatarios conservadores.


|

Varias televisións paraguaias retransmitiron case en directo a operación policial contra unha suposta trama de prostitución pola que está detido  o ex-presidente de Xóvenes Agricultores, dirixente afín ao PPdeG e que compartía veraneo con Mariano Rajoy, Ana Pastor, Rafael Louzán e outros mandatarios conservadores.



Miramontes rajoy louzán sanxenxo iate imaxe de burbulla info

Rajoy no centro con Miramontes detrás nunha das fotografías que se publicaron no seu día, cando o sindicalista era parte habitual do séquito de Mariano Rajoy nas súas vacacións de Sanxenxo


As policías paraguaia e española están a colaborar no caso. De feito, nas imáxes pódese ver claramente polo menos a un dos dous policías españois desprazados alí durante a entrada nunha axencia de viaxes.


Agora ben, mentres en España os axentes entraron en cinco domicilios en Santiago de Compostela cun segredo absoluto, en Cidade del Este os reporteiros gráficos puideron filmar en detalle a inspección do negocio intervido.  


En Compostela a única testemuña directa da operación parece ser un veciño, o xornalista Gabri Fontes, que se atopou coa Policía na corredorio do seu edificio e narrou así o sucedido:



Os xornalistas paraguaios explican que non é a primeira destas tramas que cae na súa cidade, aínda que puntualizan que a desarticulada o martes non ten aparentes lazos con outras organizacións criminais.


Tamén indican que varios axentes actuaron encubertos, suponse que finxindo ser mulleres interesadas en viaxar a España en busca de traballo.  Por iso a cifra de detidos no país suramericano inicialmente era de seis, pero parece ser finalmente de tres.


Esta é a crónica en directo emitida en Noticias Paraguai:






Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE