Os traballadores de ambulancias ratifican o acordo que pon fin á folga

Os últimos flocos negociados esta semana -a estabilidade laboral e as condicións dos que traballan en prácticas- tamén reciben o visto e prace.Salvo sorpresa, o novo convenio colectivo asinarase este xoves no Consello Galego de Relacións Laborais.


|

Con só un voto en contra e catro abstencións de entre 315 sufraxios emitidos, os operarios de transporte sanitario ratificaron este mércores o preacordo dos sindicatos coa patronal. Ponse así fin a un conflito de moitos meses e que estivo a piques de entrar nunha folga indefinida.



Asemblea trabajadors ambulancias ratifica o acordo

Votación en asemblea | CIG


Haberá finalmente novo convenio colectivo, que inclúe unha mellora salarial. Os últimos flocos negociados esta semana -a estabilidade laboral e as condicións dos que traballan en prácticas- tamén reciben o visto e prace.


Salvo sorpresa, o novo convenio colectivo asinarase este xoves no Consello Galego de Relacións Laborais. Foi a través da súa intermediación como se desatascou o enconado conflito. Durante a folga houbo ducias de ambulancias saboteadas, moitas con pintadas e rodas picadas e polo menos dúas apareceron queimadas.


O PAPEL DE LA XUNTA E O NOVO CONCURSO

Unha das claves para a solución foi que a Xunta, finalmente, e a pesar de argumentar sempre que a Administración non era parte deste conflito, prometeu que habería máis diñeiro para as licitacións dos concursos de ambulancias. Os recortes destas adxudicacións deste servizo público xestionado por empresas privadas foi o principal argumento da patronal para rexeitar durante anos asinar un novo convenio coas melloras que demandaban os asalariados. 


Está por ver a cantidade pola cal se adxudican os novos contratos, en principio despois do verán, aínda que algunha das melloras terán efecto desde antes.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE