(VÍDEO) Así de preto das casas estivo o incendio de Rianxo
O lume, que se iniciou hai xusto unha semana, arrasou máis dun milleiro de hectáreas e puxo en serio perigo a vida de moitos veciños de Rianxo.
O lume, que se iniciou hai xusto unha semana, arrasou máis dun milleiro de hectáreas e puxo en serio perigo a vida de moitos veciños de Rianxo.
Aínda que xa hai unha semana do inicio do lume e que está completamente sufocado, moitos veciños de Rianxo seguen co medo no corpo. O lume que se orixinou o pasado luns en Dodro e calcinou máis de 1.100 hectáreas, case a metade do total ardido ao longo de todo 2018. A catástrofe ambiental saldouse cunha perda ecolóxica enorme, pero afortunadamente non hai que lamentar moitos danos materiais, porque as imaxes captadas polos veciños evidencian que o desenlace podería ser moito peor.
A proximidade do lume ás casas obrigou a desaloxar o instituto na mañá do martes e os veciños víronse obrigados a combater o lume polos seus propios medios, por medo a perder as súas vivendas. Afortunadamente, as brigadas contraincendios e os equipos de bombeiros lograron controlar a situación e sufocalo por completo o pasado xoves.
O incendio foi de tales dimensións que púidose ver desde calquera punto da Ría de Arousa.
Polo momento seguen as investigacións para determinar a causa do incendio, aínda que unha perito recoñecida no sector descartou a posibilidade de que se producise por unha faísca causada por unha liña de alta tensión.
Escribe o teu comentario