O Teatro Principal de Santiago acolle a proxección de ‘Redes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas’

O vindeiro luns 8 de abril proxectarase a reportaxe documental ás 20 horas no auditorio compostelán.


|

O próximo luns 8 de abril proxectarase a reportaxe documental ás 20 horas no auditorio compostelán.


Vertedoiro de lesta documental lestas

Fragmento do documental


Remover conciencias e poñer o foco sobre os problemas ambientais de Galicia. Ese é o obxectivo de o reportaxe documentalRedes contra a política do espolio. Aire, auga e terra limpas’ que se proxectará este 8 de abril no Teatro Principal de Santiago de Compostela. O acceso á proxección o documental é totalmente gratuíto.


Baixo a dirección de Xosé Antón Bocixa Rei, o documento é un repaso dunha hora e cuarto de duración a todos os problemas ambientais que azoutan ás localidades de Teo, Touro, O Pino, Ordes, Cerceda, Lalín, Mesía, Rois e ata a capital galega. Ante a falta de solucións, o documental expón como os veciños uniron as súas forzas nesta loita común e organizáronse nunha rede cidadá de plataformas “contra a destrución da nosa terra e a contaminación o aire, a auga e a terra.


Desta forma naceron plataformas como a de ‘Defensa do Río Sar’, a ‘Plataforma veciñal Mina Touro-O Pino NON’ ou a ‘Asociacion de afectados polo vertedoiro de Lesta’. Xa sexan grandes empresas mineiras, enerxéticas ou de xestión de residuos, todos aqueles que trataron de atentar contra a natureza de Galicia atopáronse coa oposición dunha cidadanía unida e organizada.

relacionada As demandas da comarca de Ordes chegan a Bruxelas
relacionada (VÍDEO) Media Galicia esixe a Europa “aire, auga e terra limpas”
relacionada Por que a Xunta non tomba a declaración de impacto ambiental da mina de Touro?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE