As demandas da comarca de Ordes chegan a Bruxelas

Diversas plataformas se reunen con membros da Comisión Europea para trasladar as denuncias dunha zona “onde se produce a maior concentración de industrias altamente contaminantes de Galicia”.


|

Diversas plataformas se reunen con membros da Comisión Europea para trasladar as denuncias dunha zona “onde se produce a maior concentración de industrias altamente contaminantes de Galicia”.


Foto de grupo 720x405


A Plataforma ‘Salvemos a Comarca de Ordes’, no marco da iniciativa programada por Lídia Senra reuniuse en Bruxelas con integrantes do equipo xurídico da Unidade de Aplicación do Dereito Ambiental da Dirección Xeral de Medio da Comisión Europea e alí reflectiron cal é o pesar da asociación e dos veciños da comarca, “onde se produce a maior concentración de industrias altamente contaminantes de Galicia”.


A central de Meirama, o vertedoiro da Areosa, explotacións mineiras ou a ameaza dun megaparque eólico son algúns dos aspectos que máis preocupan á plataforma, que acusa á Administración de dar luz verde a toda esta industria contaminante. Por iso, Leandro do Rio, representante de ‘Salvemos a Comarca de Ordes’, rogou aos representantes da Comisión Europea que realicen “unha investigación que aclare se o emprego de fondos públicos europeos aplicados a esteas proxectos en Galicia foi correcto”.


Do mesmo xeito, pide que a Unión Europea vixíe a España en materia ambiental e que esixa “un maior control e transparencia na tramitación de autorizacións” para actividades industriais dese calado.


Outro aspecto que a plataforma puxo sobre a mesa da necesidade de desenvolver unha política efectiva no relativo á produccion e tratamento de todo tipo de residuos, poñendo o foco sobre SOGAMA e as súas prácticas, na medida en que unha gran porcentaxe do lixo que xestiona a empresa pública non recibe o tratamento adecuado.


En leste mesmo punto fixo fincapé Daniel Veiras, membro da ‘Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Lesta’, que sinalou que nun radio de só 3,5 quilómetros detéctase “a contaminación das augas por culpa das filtracións e fugas do vertedoiro de Areosa, contaminantes causados por a combustión de SOGAMA, GESUGA e Meirma”, ademais do continuo ir e vir de vehículos pesados. “A situación é insustentable”, lamentou Veiras, lembrando que é un problema que afecta dalgunha forma a máis de 175.000 persoas.


PROBLEMAS FUTUROS

As organizacións da zona tamén se manteñen en alerta pola posibilidade de que desembarquen na comarca novos proxectos, como a construción dun novo vertedoiro de residuos industriais, situado a 400 metros do de Areosa, ou a construción do xa citado megaparque eólico.


Colectivos ordenses IV 2592x1944


En torno ao novo vertedoiro, a plataforma sinala á Xunta como principal culpable, acusándoa de dar o visto e prace “a un proxecto que carece de plan de seguridade ante unha vertedura accidental, no que non se xustificou convenientemente a elección das alternativas para a instalación, que incumpriría a lexislación urbanística…”. “Non pedimos nada extraordinario, só respecto e dignidade”, sentenciou Veiras, avogando por conseguir “aire, auga e terra limpa para nós e os nosos fillos”.


Respecto diso dos eólicos, Jéssica Rey, da ‘Plataforma Non Eólicos en Ordes’, alertou de que aínda que se trata dunha enerxía limpa, esta “pode acabar destruíndo un territorio, máis aínda se temos en conta os impactos acumulados que temos nesta zona”. De igual maneira, subliñou que o proxecto podería ter impacto sobre o patrimonio, poñendo en serio perigo castros, mamoas “e o propio Camiño de Santiago”, co valor cultural e económico que supón.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE